derivar
Aparencia
derivar
- Cambiar a dirección ou o curso dunha cousa.
- Exemplo: Derivaron as augas do río cara ás canles de rego
. desviar
- Exemplo: Derivaron as augas do río cara ás canles de rego
- (Lingüística) Crear unha nova palabra a partir doutra, por medio de afixos.
- 'Exemplo: Inventou a palabra 'morceguexar' (andar pola noite dun lado a outro sen parar) derivándoa de 'morcego
.

- (Matemáticas) Obter a función derivada doutra función matemática.
- Exemplo: Imos ver os pasos necesarios para derivar unha función

Observacións
derivar
- Tomar unha nova dirección.
- Exemplo: A conversa derivou cara a asuntos comprometedores. A cen metros de aquí a estrada deriva á esquerda nun ramal que conduce ao castelo

- Desviarse da súa dirección.
- Exemplo: O proxectil derivou máis do esperado e errou o albo

- Ir á deriva (un barco, un avión), pola acción do vento, dunha corrente, etc.
- Exemplo: Ao quedar sen leme, o navío derivou até que encallou nuns baixos

- Ter a súa orixe nunha cousa.
- Exemplo: O galego deriva do latín. Todos os seus problemas derivan do alcohol.

- Ser (unha palabra) o resultado de aplicar afixos a outra.
- Exemplo: Fouciño deriva de fouce
.
- Exemplo: Fouciño deriva de fouce