[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

papeira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: [paˈpej.ɾɐ] (AFI)

Substantivo feminino

papeira


singular plural
papeira papeiras
  1. Avultamento debaixo do queixo.
  2. (Anatomía) Prego de pel que percorre a parte inferior do pescozo de bois e vacas.
  3. (Veterinaria) Enfermidade parasitaria propia de vacas e ovellas, transmisible ó home, causada polo trematodo Fasciola hepatica ou Dicrocoelium lanceolatum.
    • Sinónimos: distomatose hepática, fasciolíase, fasciolose; denominacións populares: faixa, mal do herbo, papo.
    • Observacións: O parasito localízase nas vías biliares e provoca inflamación das vías, retención biliar e serios transtornos nutricionais. Síntomas características son o edema do papo (papeira) e erizamento do pelo na rexión das costas (faixa).
  4. (Patoloxía) Bocio.
  5. (Patoloxía) Parotidite.
    • Observacións: En plural.

Traducións

Adxectivo

papeira


singular plural
masculino papeiro papeiros
feminino papeira papeiras
  1. Feminino de papeiro.


Portugués

Substantivo feminino

papeira (sg: papeira; pl: papeiras)

  1. (Patoloxía) Parotidite.