Os Pinos: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Composicións musicais galegas mediante HotCat |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 19: | Liña 19: | ||
[[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|miniatura|dereita|250px|[[Bandeira de Galicia|A bandeira de Galiza]].]] |
[[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|miniatura|dereita|250px|[[Bandeira de Galicia|A bandeira de Galiza]].]] |
||
'''''Os Pinos''''' é o [[himno]] galego, un texto poético de [[Eduardo Pondal]] de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas ''[[Queixumes dos pinos]]'' (1886)<ref>{{Cita web |
'''''Os Pinos''''' é o [[himno]] galego, un texto poético de [[Eduardo Pondal]] de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas ''[[Queixumes dos pinos]]'' (1886)<ref>{{Cita web |
||
|url= http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=Qudopi%20%201 |
|url = http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=Qudopi%20%201 |
||
|título= Queixumes dos pinos |
|título = Queixumes dos pinos |
||
|dataacceso= [[23 de xuño]] de [[2009]] |
|dataacceso = [[23 de xuño]] de [[2009]] |
||
|autor= Eduardo Pondal |
|autor = Eduardo Pondal |
||
|editor= Fondos da Real Academia Galega |
|editor = Fondos da Real Academia Galega |
||
|lingua= [[Lingua galega|galego]] |
|lingua = [[Lingua galega|galego]] |
||
|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20120111141627/http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=Qudopi%20%201 |
|||
|dataarquivo = 11 de xaneiro de 2012 |
|||
|urlmorta = si |
|||
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras partes, musicado por [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]]. |
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras partes, musicado por [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]]. |
||
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 21:56
Os Pinos | |
---|---|
Os Pinos | |
Eduardo Pondal, autor da letra | |
Himno de | Galicia |
Letra | Eduardo Pondal 1907 |
Música | Pascual Veiga 1907 |
Adoptado | 1981 |
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886)[1], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Historia
Estreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual que a bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o Himno da Acción Gallega. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a Segunda República acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.
Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do franquismo no Estado español, e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.
En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na praza da Quintana, sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da campaña electoral de 1977.
A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo o 19 de novembro de 1918.
Xénese e motivos do texto
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto.
O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.
O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón de Breogán".
Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.
Letra
En 1890, cando foi escrito o poema orixinal, aínda non existía unha norma ortográfica establecida do idioma galego. A letra do himno oficializada en 1984 seguiu a normativa ortográfica vixente (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego) no devandito ano, polo que, consecuentemente, existen certas diferenzas gráficas entre a letra do himno e a versión orixinal do poema de Eduardo Pondal.
Letra orixinal de 1890
|
Letra de 1984
|
A letra orixinal de 1890 foi o primeiro texto que se publicou d'Os Pinos, que apareceu o 22 de maio de 1890 no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga.
Notas
- ↑ Eduardo Pondal. Fondos da Real Academia Galega, ed. "Queixumes dos pinos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2009.
Véxase tamén
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Himno galego |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Himno galego, 1890 |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Lei de símbolos de Galicia |
Bibliografía
- Baldomero Cores Trasmonte: Los Símbolos Gallegos, Santiago de Compostela, 1986-
- Manuel Ferreiro Fernández (2007). De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-132-0. (primeira edición de 1996)
- Xosé Filgueira Valverde: O Himno Galego. Da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os Pinos", Pontevedra, 1991.
- Fernando López Acuña: Pascual Veiga Iglesias, Gran Enciclopedia Gallega, vol 30.
- Manuel Ferreiro Fernández, Fernando López Acuña et al.: Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega, 2007.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Himno de Galicia na páxina da Xunta de Galicia.
- Páxina coa partitura, letra e música do himno galego
- Himno galego no programa No bico un cantar da TVG.