[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Nintendo DS: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Contén texto xaponés}}
{{Contén texto xaponés}}
[[Ficheiro:Nintendo DS.jpg|miniatura|255px|dereita|Unha Nintendo DS aberta.]]
[[Ficheiro:Nintendo DS Logo.svg|miniatura|255px|Logotipo da Nintendo DS.]]
[[Ficheiro:Nintendo DS (aberta).jpg|miniatura|255px|dereita|Unha Nintendo DS aberta.]]
[[Ficheiro:Nintendo DS (pechada).jpg|miniatura|255px|dereita|Unha Nintendo DS pechada.]]
[[Ficheiro:Nintendo DS (pechada).jpg|miniatura|255px|dereita|Unha Nintendo DS pechada.]]
A '''Nintendo DS''' (en [[lingua xaponesa|xaponés]] ''ニンテンドーDS'', ''Nintendō Dī Esu'') é unha [[videoconsola]] portátil que foi fabricada pola compañía [[Xapón|xaponesa]] [[Nintendo]] dende [[2004]] até [[2011]].
A '''Nintendo DS''' (en [[lingua xaponesa|xaponés]] ''ニンテンドーDS'', ''Nintendō Dī Esu'') é unha [[videoconsola]] portátil que foi fabricada pola compañía [[Xapón|xaponesa]] [[Nintendo]] dende [[2004]] até [[2011]].
Liña 26: Liña 27:


== Catálogo de xogos ==
== Catálogo de xogos ==
A Nintendo DS tiña en abril de [[2006]] máis de 168 xogos dispoñíbeis en [[América]], cun total de 6526 xogos a nivel mundial, contando os xogos repetidos por idioma, país ou rexión e as demos técnicas e sen contar as entregas homebrew e os xogos traducidos polos fans. Actualmente é a videoconsola con máis proxectos en desenvolvemento do mercado e o sistema portátil que ten un maior e máis variado catálogo de xogos. A biblioteca de Nintendo DS conta con xogos de todos os xéneros: dende carreiras, acción, estratexia, loita, RPG, plataformas, simuladores, deportes, cartas Yu-Gi-Oh!, até outros que poucas ou ningunha vez foron explotados como as mascotas virtuais (''Nintendogs''), xogos de intelixencia (''Brain Training''), xogos baseados en medicamentos (''Trauma Center'') e aplicacións como dicionarios, tradutores ou axendas. Todos eles fan uso, en maior ou menor medida, da pantalla táctil, o micrófono con recoñecemento de voz, a conexión Wi-Fi de [[Nintendo]], os modos multixogador e todas as características de Nintendo DS. A DS ten tamén unha liña de xogos exclusivos, chamados os ''Touch! Generations'', enfocados a persoas que non son asiduas ao mundo dos videoxogos.
A Nintendo DS tiña en abril de [[2006]] máis de 168 xogos dispoñíbeis en [[América]], cun total de 6526 xogos a nivel mundial, contando os xogos repetidos por idioma, país ou rexión e as demos técnicas e sen contar as entregas homebrew e os xogos traducidos polos fans. Actualmente é a videoconsola con máis proxectos en desenvolvemento do mercado e o sistema portátil que ten un maior e máis variado catálogo de xogos. A biblioteca de Nintendo DS conta con xogos de todos os xéneros: dende carreiras, acción, estratexia, loita, [[Videoxogo de rol|RPG]], plataformas, simuladores, deportes, cartas [[Yu-Gi-Oh!]], até outros que poucas ou ningunha vez foron explotados como as mascotas virtuais (''Nintendogs''), xogos de intelixencia (''Brain Training''), xogos baseados en medicamentos (''Trauma Center'') e aplicacións como dicionarios, tradutores ou axendas. Todos eles fan uso, en maior ou menor medida, da pantalla táctil, o micrófono con recoñecemento de voz, a conexión Wi-Fi de [[Nintendo]], os modos multixogador e todas as características de Nintendo DS. A DS ten tamén unha liña de xogos exclusivos, chamados os ''Touch! Generations'', enfocados a persoas que non son asiduas ao mundo dos videoxogos.


Moitos son xogos de sagas clásicas propias de Nintendo como ''Animal Crossing'', ''[[The Legend of Zelda]]'', ''Mario'', ''Metroid'', ''Star Fox'', ou ''[[Pokémon]]''. Entre eles destaca o remake de ''[[Super Mario 64]]''.
Moitos son xogos de sagas clásicas propias de Nintendo como ''Animal Crossing'', ''[[The Legend of Zelda]]'', ''Mario'', ''Metroid'', ''Star Fox'', ou ''[[Pokémon]]''. Entre eles destaca o remake de ''[[Super Mario 64]]''.
Liña 36: Liña 37:
* 4. ''Brain Training'': 19,01 millóns
* 4. ''Brain Training'': 19,01 millóns
* 5. ''[[Pokémon Diamante]]'' e ''[[Pokémon Perla]]'': 17,67 millóns
* 5. ''[[Pokémon Diamante]]'' e ''[[Pokémon Perla]]'': 17,67 millóns
* 6. ''[[Pokémon negro]]'' e Pokémon branco: 15,64 millóns
* 6. ''[[Pokémon negro]]'' e ''[[Pokémon branco]]'': 15,64 millóns
* 7. ''More Brain Training'': 14,88 millóns
* 7. ''More Brain Training'': 14,88 millóns
* 8. ''[[Pokémon HeartGold]]'' e ''[[Pokémon SoulSilver]]'': 12,72 millóns
* 8. ''[[Pokémon HeartGold]]'' e ''[[Pokémon SoulSilver]]'': 12,72 millóns

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2024 ás 15:21

Logotipo da Nintendo DS.
Unha Nintendo DS aberta.
Unha Nintendo DS pechada.

A Nintendo DS (en xaponés ニンテンドーDS, Nintendō Dī Esu) é unha videoconsola portátil que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 2004 até 2011.

O nome da consola pode ser a abreviatura de Dual Screen, «pantalla dual» ou, segundo Satoru Iwata, presidente de Nintendo, a abreviatura de Developer's System, «a consola dos desenvolvedores». O nome desta consola abréviase como "NDS" ou simplemente como "DS".

A DS permite a reprodución de videoxogos e multimedia, e pertence á sétima xeración de videoconsolas. Foi a terceira consola para videoxogos na que o xogador pode interactuar co xogo mediante o uso da pantalla táctil. Segundo Nintendo, é unha terceira liña de produtos e non se trata da sucesora tecnolóxica da Game Boy Advance.[Cómpre referencia]

Esta consola naceu da filosofía de Nintendo baseada na innovación ou, como a propia compañía o chama, "expansión". Lonxe de centrarse nunha simple evolución gráfica, en ofrecer unha vez máis o mesmo de sempre pero con mellor calidade visual, optaron por engadir características que fixesen da súa nova portátil algo totalmente novo e único, que expandise a experiencia xogable e que permitise que o xogador deixase de xogar só cos sentidos, a vista e o oído, e que puidese interactuar e sentir os xogos.

A Nintendo DS ademais do seu propio catálogo de xogos é compatible cos xogos de Game Boy Advance, pero non cos de Game Boy e Game Boy Color. A pantalla superior da Nintendo DS reproduce xogos da DS namentres que a inferior reproduce xogos da Game Boy Advance.

A Nintendo DS Lite constitúe a segunda versión do modelo, vendida a partir do 2 de marzo de 2006. A terceira versión é a Nintendo DSi que saíu ao mercado o 1 de novembro de 2008. Desta DSi saíu ó mercado unha revisión, a Nintendo DSi XL, coa novidade das súas pantallas un 93% maiores, que ofrecen maior comodidade en xogos de debuxo ou que teñan textos pequenos. A DSi XL saíu ó mercado o 21 de novembro do 2009.

Lanzamento ao mercado

A consola foi presentada o 11 de maio de 2004 no Electronic Entertainment Expo (E3) dos Ánxeles.

Vendas

A Nintendo DS foi a videoconsola portátil máis vendida en todo o mundo nos primeiros anos do seu lanzamento (con máis de 14 millóns de sistemas vendidos, fronte ós 8 millóns vendidos pola súa competencia, a PSP) e tamén a que máis rápido conseguiu superar o millón de unidades en vendas da historia dos videoxogos. En total vendéronse 154,02 millóns de consolas (a DS orixinal e as súas outras versións).[1]

Catálogo de xogos

A Nintendo DS tiña en abril de 2006 máis de 168 xogos dispoñíbeis en América, cun total de 6526 xogos a nivel mundial, contando os xogos repetidos por idioma, país ou rexión e as demos técnicas e sen contar as entregas homebrew e os xogos traducidos polos fans. Actualmente é a videoconsola con máis proxectos en desenvolvemento do mercado e o sistema portátil que ten un maior e máis variado catálogo de xogos. A biblioteca de Nintendo DS conta con xogos de todos os xéneros: dende carreiras, acción, estratexia, loita, RPG, plataformas, simuladores, deportes, cartas Yu-Gi-Oh!, até outros que poucas ou ningunha vez foron explotados como as mascotas virtuais (Nintendogs), xogos de intelixencia (Brain Training), xogos baseados en medicamentos (Trauma Center) e aplicacións como dicionarios, tradutores ou axendas. Todos eles fan uso, en maior ou menor medida, da pantalla táctil, o micrófono con recoñecemento de voz, a conexión Wi-Fi de Nintendo, os modos multixogador e todas as características de Nintendo DS. A DS ten tamén unha liña de xogos exclusivos, chamados os Touch! Generations, enfocados a persoas que non son asiduas ao mundo dos videoxogos.

Moitos son xogos de sagas clásicas propias de Nintendo como Animal Crossing, The Legend of Zelda, Mario, Metroid, Star Fox, ou Pokémon. Entre eles destaca o remake de Super Mario 64.

Os 10 xogos máis vendidos

Notas

Véxase tamén