[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

O Barco de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de decembro de 2023 ás 11:18 por LinoPlaces (conversa | contribucións)
O Barco de Valdeorras
Bandeira do Barco de Valdeorras
Escudo do Barco de Valdeorras
Vista xeral da vila e o concello.
Situación
Xentilicio[1]barquense - valdeorrés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación13.277 hab. (2023)[2][3]
Área85,7 km²[3]
Densidade154,92 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Capital do concelloO Barco
Política (2023 [5])
AlcaldeAlfredo García Rodríguez (PSdeG[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais no Barco de Valdeorras
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes36,34%
Na rede
www.concellodobarco.gal
editar datos en Wikidata ]
Vista do Barco de Valdeorras.

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. En 2022 tiña 13.350 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o cuarto concello máis poboado da provincia tras Ourense, O Carballiño e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, no val do río Sil, a 112 km da capital pola estrada N-120.

Poboación

Censo total (habitantes) 13 899 (2014)
Menores de 15 anos 1903 (13,69 %)
Entre 15 e 64 anos 9302 (66,92 %)
Maiores de 65 anos 2694 (19,38 %)
Evolución da poboación do Barco de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5321 5930 8081 9242 13 518 14 134
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

A economía do Barco baséase sobre todo na extracción e tratamento de lousa no veciño concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase dun piar fundamental da economía da comarca. Valdeorras é a zona de maior produción de lousa de España.[8][9] Aínda que isto se traduce nun evidente motor económico da zona, trouxo tamén consecuencias negativas como a degradación do medio ambiente ou unha alta incidencia de silicose.[10][11][12]

Arredor do asentamento de poboación resultante da explotación da lousa foi florecendo o sector servizos. Tamén inflúe na economía barquense a proximidade de Ponferrada e o seu peso comercial e industrial na zona.

Outra actividade económica notable no concello é a recollida de uva e posterior produción de viño. É un dos concellos da Denominación de Orixe Valdeorras, que destaca especialmente polos seus caldos godello e mencía. Moi relacionada coa historia e a sociedade local atópase a Adega Vinos Barco, anteriormente denominada como Cooperativa Xesús Nazareno, considerada ademais como a cooperativa vinícola máis antiga de Galicia[13].

A empresa química CEDIE foi un cimento prominente da economía local, albergando no seu seo gran cantidade de traballadores. Así e todo, pechou a súa actividade de tratamento de cal a principios dos 2000.

Patrimonio

Desde o paseo fluvial do Malecón e as montañas pódense contemplar fermosas paisaxes. O conxunto monumental do Barco tamén pode ser un espléndido miradoiro do núcleo do Barco e do río Sil. Restos da cultura romana e varios pazos son o máis destacado do concello.

Cabe salientar o mosteiro de San Miguel de Xagoaza[14][15], este mosteiro é do século XII e a edificación do mosteiro do século XVIII. A igrexa de San Miguel, de orixe románico, pertencente na súa época á Orden de San Xoán de Xerusalén. O Mosteiro de construción posterior está realizado en pedra ao redor dun claustro interior rectangular. Actualmente rehabilitado, alberga unha moderna adega de viños e augardentes da zona, cuxos viñedos están situados na contorna do conxunto.

A torre fortaleza do Castro[16][17] situada nunha lomba de 441 metros de altura ao norte e moi próximo á poboación do Barco de Valdeorras atópanse os restos dunha torre medieval levantada sobre un castro. Por este lugar transitaban importantes vías de comunicación, tanto romanas como medievais. Era un dos pasos cara á Meseta e tamén paso para a famosa vía romana denominada Vía Nova, ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) e que enlazaba coas Médulas na rexión leonesa.

Así como os festexos en honor ao Santo Cristo, nos que se organizan varias actividades.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Barco de Valdeorras

Alixo (San Martiño) | O Barco (San Amaro) | O Castro de Valdeorras (Santa María) | Cesures (San Clemente) | Coedo (Santo Antonio) | Éntoma (San Xoán) | Forcadela e Nogaledo (Santiago) | Millarouso e Santurxo (A Concepción) | A Proba (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santigoso (San Miguel) | Vilanova de Valdeorras (Santa María) | Viloira (San Martiño) | Xagoaza (San Miguel)


Lugares do Barco de Valdeorras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Barco de Valdeorras vexa: Lugares do Barco de Valdeorras.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "O Barco de Valdeorras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Rodríguez Rodríguez, Susana (2017). El sector de la pizarra en España en perspectiva histórica (PDF) (en Castelán). p. 58. 
  9. Jiménez, Alba (ed.). "España, lider mundial en producción y exportación de pizarra". Notas de Empresa sobre empresas. 
  10. "La silicosis en la pizarra, la enfermedad silenciosa". 18/11/20218. Consultado o 28/06/2022. 
  11. "Interpelación lousa". Esquerda Unida. Consultado o 28/06/2022. 
  12. Blanco Pérez, J.J; Ruíz Rincón, C.; Cerdeira Rodríguez, L. (2012). "Inhalación de sílice e os seus efectos na saúde" (PDF). Revista de la Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, Pneumoloxía e Cirurxía Torácica. 
  13. Cobas, María (29/11/2021). "La cooperativa vinícola gallega más antigua estrena imagen". La Voz de Galicia. Consultado o 20/06/2022. 
  14. "Monasterio de San Miguel de Xagoaza". Turismo de Galicia. Consultado o 28/06/2022. 
  15. García Tato, Isidro (2004). Las encomiendas gallegas de la orden militar de San Juan de Jerusalén. Santiago de Compostela. ISBN 84-00-08250-8. 
  16. "Torre de O Castro". Galicia Máxica. Consultado o 28/06/2022. 
  17. Prieto, Susana (19/09/2021). "La Torre de O Castro: un paseo por su paisaje". Valdeorras de cerca. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.