Arteria toracoacromial
Aparencia
Arteria toracoacromial | |
---|---|
Arterias ao redor da cintura escapular. | |
Gray's | pág.588 |
A arteria toracoacromial é unha arteria do membro superior humano pertencente á axila. É unha rama colateral da arteria axilar, que sae xusto por detrás do bordo medial do músculo pectoral menor. Rodea pola parte superior a este músculo e fura a fascia clavipectoral. Despois de furala divídese en catro ramas: pectoral, deltoidea, clavicular e acromial, que abastecen de sangue a parte anterior da axila e as rexións achegadas.
A rama pectoral contribúe á irrigación da mama, e a rama deltoide pasa polo triángulo clavipectoral, onde acompaña á vea cefálica e abastece ás rexións adxacentes.
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.