Edil curul: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Dereito mediante HotCat |
m engado a Categoría:Dereito romano mediante HotCat |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
[[Categoría:Roma antiga]] |
[[Categoría:Roma antiga]] |
||
[[Categoría:Dereito romano]] |
Revisión como estaba o 25 de abril de 2017 ás 16:55
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario MAGHOI (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 7 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O edil curul (en latín, aedilis) era unha maxistratura da antiga Roma.
Xurdiron durante a República romana, inicialmente para organizar algunhas celebracións. Foi un cargo ao que podían optar os patricios e os plebeos, nacido a imaxe dos edís plebeos, que foron anteriores, e que levan o adxectivo de curul pola cadeira de marfil na que tiñan dereito a se sentar para exerce-las súas funcións[1]. As súas competencias principais eran tres:
- Cura urbis. Labor de policía e de matemento da orde pública.
- Cura ludorum. Organización dos xogos e das festas públicas.
- Cura annonae. Controlar o abastecemento de cereais e os prezos, e dos pesos e medidas. Tamén inspeccionaban o mercado de escravos e gandos.
- Outras competencias: a imposición de multas en virtude da coercitio, pero estaban sometidos a la provocatio ad populum perante os comicios por tribos; tamén tiñan xurisdición civil e criminal e a capacidade de resolver os preitos menores relacionados co comercio, sobre todo dos contratos de compraventa de animais e escravos nos negocios das prazas dos mercados[2], sempre baixo a supervisión do Pretor Urbán; e levar a cabo unha regulación en materias de vicios ocultos.
Era un chanzo do cursus honorum ou carreira política, ocupando un lugar intermendio entre o pretor e o cuestor[3] e eran designados polos Comicios Tribunados. Plutarco explica a elección dos edís e sinala que os edís curules toman o seu nome das cadeiras curules ou sella curulis:
- Despois do Tribunado presentouse a pedir a Edilidade maior, porque hai dúas ordes de edís: unha, que toma o nome das cadeiras con pés curvos en que estes maxistrados sentan para despachar, e a outra, inferior, que se chama plebeo. Noméanse primeiro os de maior dignidade, e despois pásase a votar os outros.
Entre as diferentes características e beneficios outorgados aos edís atópanse numerosos poderes e atribucións. Os edís curules tiñan distintos privilexios como o de poder sentar na sella curulis, ou vestir a toga praetexta. Posuían, ademais, o Ius Imaginum ou dereito de gardar en casa as estatuas dos antepasados ilustres. Tiñan en exclusiva o Ius Edicendi, é dicir, o dereito a promulgar edictos -edicta-.
No entanto, as diferenzas entre Curules e non Curules fóronse acurtando e, si xa de por si é difícil distinguir entre as funcións dos edís das doutros maxistrados, aínda máis complicado é distinguir entre as función ou tarefas dos edís plebeos e dos curules. De tódolos xeitos, hai constancia de que había xogos e festividades asociadas especificamente a un tipo de edil. Por exemplo os Xogos Plebeos -Ludi Plebeii- eran administrados exclusivamente polos edís plebeos mentres que os Ludi Magni, Ludi Scenici e os Ludi Megalenses polos curules.[4]
Traxectoria
Aparecen no 367 a.C[5], creada ao mesmo tempo que a pretura[6], como unha maxistratura de 2 persoas reservada só para patricios, aínda que 3 anos despois foron admitidos tamén os plebeos[3]. Dende ese momento, exerceron a maxistratura alternativamente patricios e plebeos; posteriormente a designación foi independente da clase mais no 541 ab urbe condita (212 a.C) volveuse á súa designación alternativa (patricios nos anos impares e plebeos nos anos pares). Máis tarde asumiron funcións policiais, sanitarias, morais, abastecementos, mercados, prezos, calidade, e organización de xogos.
Orixinalmente, esta maxistratura duraba un ano, para posteriormente pasar a ser cuatrianual e, na época de Xulio César, chegou a durar 6 anos[3].
Os edís quedaron moi postergados durante o Imperio do mesmo xeito que sucedeu con moitos outros cargos orixinados na República. Así, Augusto desposuíunos de varias atribucións, asignándolles varios dos seus labores a maxistrados de menor rango pero especializados nas devanditas tarefas. No entanto, este emperador conferiría aos curules novas misións, como a de apagar lumes, para o que lles dotou dun exército de 600 escravos. Non moito máis tarde esa misión pasaría a encomendarse ao Praefectus Vigilum. O cargo de edil extinguiuse definitivamente no século III, baixo o mandato de Alexandre Severo[7].
Notas
- ↑ Middleton, Conyers (1790). Historia de la vida de Marco Tulio Ciceron. (orixinal en inglés, traducido por Joseph Nicolás de Azara). Madrid: Imprenta Real. p. 93.
- ↑ Betancort, Fernando (2007). Derecho romano clásico. Manuales universitarios, nº 33 (3ª revisada e aumentada ed.). Sevilla: Universidad de Sevilla. p. 68. ISBN 978-84-472-1099-2.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Enciclopedia jurídica". Consultado o 18-04-2017.
- ↑ http://www.uned.es/geo-1-historia-antigua-universal/ROMA/principalconromano.htm
- ↑ "Páxina elergonomista.com". Consultado o 18-04-2017.
- ↑ "Páxina de Deconceptos.com". Consultado o 18-04-2017.
- ↑ "Páxina de universojus.com". Consultado o 18-04-2017.