Illas Fénix: Diferenzas entre revisións
fr: |
m bot Modificado: pt:Ilhas Fénix |
||
Liña 78: | Liña 78: | ||
[[no:Phoenixøyene]] |
[[no:Phoenixøyene]] |
||
[[pl:Feniks (wyspy)]] |
[[pl:Feniks (wyspy)]] |
||
[[pt:Ilhas |
[[pt:Ilhas Fénix]] |
||
[[ru:Острова Феникс]] |
[[ru:Острова Феникс]] |
||
[[sh:Otoci Phoenix]] |
[[sh:Otoci Phoenix]] |
Revisión como estaba o 16 de novembro de 2009 ás 19:50
As Illas Fénix, Illas Phoenix ou Illas Rawaki son un conxunto de atois pouco poboados situados no Océano Pacífico, ao este das Illas Gilbert, ao oeste das Illas da Liña e ao norte de Samoa. A finais da década de 1930, foi o sitio do último intento de expansión colonial do Imperio Británico. Este plan de colonización denominouse Proxecto de Colonización das Illas Fénix. Este arquipélago forma parte do estado de Kiribati desde 1983, cando foi cedido formalmente por Estados Unidos, ao ratificar o tratado asinado en 1979. Poboación (1990), 45 habitantes.
O grupo de atois pertence á República de Kiribati e está oficialmente deshabitado, excepto por unhas poucas familias en Kanton. O conxunto de illas é oficialmente denominado por Kiribati como Illas Rawaki.
As illas recibiron o nome do buque baleeiro Phoenix, de Nantucket, Massachusetts, o cal estaba activo na área; e tamén descubriu o arrecife Winslow.
Atol/Illa/Arrecife | Área da Illa
km |
Lagoa
km |
Coordenadas | |
---|---|---|---|---|
Illas Fénix (Kiribati) | ||||
Abariringa (Illa Canton) | 9.0 | 50 | Modelo:Coor dm | |
Illa Enderbury | 5.1 | 0.6* | Modelo:Coor dm | |
Illa Birnie | 0.2 | 0.02* | Modelo:Coor dm | |
Illa McKean | 0.4 | 0.2* | Modelo:Coor dm | |
Rawaki (Illa Fénix) | 0.5 | 0.5 | Modelo:Coor dm | |
Manra (Illa Sydney) | 4.4 | 2.2* | Modelo:Coor dm | |
Atol Orona (illa Hull) | 3.9 | 30 | Modelo:Coor dm | |
Nikumaroro (Illa Gardner) | 4.1 | 4 | Modelo:Coor dm | |
Illas Fénix (Kiribati) | 27.6 | 84.5 | ||
Arrecifes de coral mergullados | ||||
Arrecife Winslow | - | 1 | Modelo:Coor dm | |
Arrecife Carondelet | - | ? | Modelo:Coor dm | |
Territorios de EE.UU. no norte | ||||
Illa Baker | 1.6 | - | Modelo:Coor dm | |
Illa Howland | 1.8 | - | Modelo:Coor dm |
- As áreas da lagoa marcadas cun asterisco estan comprendidas dentro das áreas da illa da columna anterior, porque son diferentes dun atol típico, as augas interiores seláronse completamente do mar.
As illas e os seus arredores son o fogar de case 120 especies de coral e máis de 500 especies de peixes. Kiribati anunciou os plans de construír un parque mariño xigante nesta zona.