[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Illas Santa Cruz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:산타크루스 제도
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[File:Map of the Santa Cruz Islands (Solomon Islands).png|thumb|250px|Localización das Illas Santa Cruz.]]
[[Ficheiro:Map of the Santa Cruz Islands (Solomon Islands).png|thumb|250px|Localización das Illas Santa Cruz.]]
{{outroshomónimos|Santa Cruz}}
{{outroshomónimos|Santa Cruz}}
As '''Illas Santa Cruz''' son un grupo de illas situadas no sur do [[Océano Pacífico]]. Pertencen ás [[Illas Salomón]] e forman parte da provincia de [[Temotu]]. Distan aproximadamente 400 km da cadea principal das illas Salomón e atópanse xusto ao norte do arquipélago de [[Vanuatu]], do que se consideran unha prolongación xeográfica.
As '''Illas Santa Cruz''' son un grupo de illas situadas no sur do [[Océano Pacífico]]. Pertencen ás [[Illas Salomón]] e forman parte da provincia de [[Temotu]]. Distan aproximadamente 400 km da cadea principal das illas Salomón e atópanse xusto ao norte do arquipélago de [[Vanuatu]], do que se consideran unha prolongación xeográfica.

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2011 ás 16:02

Localización das Illas Santa Cruz.

As Illas Santa Cruz son un grupo de illas situadas no sur do Océano Pacífico. Pertencen ás Illas Salomón e forman parte da provincia de Temotu. Distan aproximadamente 400 km da cadea principal das illas Salomón e atópanse xusto ao norte do arquipélago de Vanuatu, do que se consideran unha prolongación xeográfica.

A illa de maior extensión do arquipélago é Nendö, seguida por Vanikolo, que se trata realmente de dúas illas, Banie e Tevai, e Utupua. A principal cidade e capital da provincia de Temotu é Lata, situada na illa de Nendö.

As illas de Santa Cruz teñen menos de cinco millóns de anos e formáronse a partir da subducción da placa indoaustraliana baixo a pacífica. A illa esta formada por pedra calcaria e cinzas volcánicas. A maior elevación das illas atópase en Vanikoro e ten 924 metros de altitude.

Moitas veces emprégase o nome de Santa Cruz para designar a toda a provincia de Temotu.

As illas foron descubertas por Álvaro de Mendaña e Isabel de Barreto na súa segunda viaxe ás Salomón, en 1595. Mendaña morreu na illa de Nendö que el mesmo chamara Santa Cruz.