Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Joseph Campbell |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Joseph John Campbell 26 de marzo de 1904 White Plains, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 30 de outubro de 1987 (83 anos) Honolulu, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | cancro do esófago |
---|
Lugar de sepultura | O'ahu Cemetery (en) |
---|
|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Igrexa católica |
---|
Educación | Universidade de Múnic - Lingua sánscrita (1928–1929) Universidade de París - francés antigo, Provençal (pt) (1927–1928) Universidade de Columbia - Literatura medieval (1925–1927) Universidade de Columbia - literatura inglesa (–1925) Dartmouth College - bioloxía, matemáticas (1921–) Canterbury School (en) (–1921) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Mitoloxía comparada, mitoloxía, Relixión comparada e teoría da literatura |
---|
Ocupación | mythologist (en) , ensaísta , escritor de contos , conferenciante , mestre , historiador , académico , historiador da relixión , investigador , orador , tradutor , etnólogo , profesor universitario , antropólogo , escritor , participante em documentário (pt) |
---|
Empregador | Sarah Lawrence College (en) (1934–1972) Canterbury School (en) (1933–1934) |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Christina Grof (en) |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Jean Erdman (1938–1987), morte da persoa |
---|
|
Páxina web | jcf.org |
---|
|
Joseph Campbell, nado en White Plains o 26 de marzo de 1904 e finado en Honolulú o 30 de outubro de 1987, foi un escritor e mitólogo estadounidense, coñecido pola súa obra sobre mitoloxía e relixión comparada.
Ideas
Tras comparar os mitos en diferentes culturas chegou á conclusión que son a transposición en relato da mesma busca espiritual. Nestas historias, aparece un heroe que funciona como arquetipo e que segue un camiño marcado pola aventura e a apoteose final (monomito). Este camiño amósase tamén nos soños e na ficción, xa que é universal e pertence ao inconsciente colectivo, seguindo a teoría de Jung. Xa que logo o relato particular non é máis ca unha "máscara" cultural e para o estudar ha de se ver que elementos esencias o forman, elementos que están en descrédito no mundo contemporáneo e polo tanto agroman na forma de trastornos mentais ou obras de fantasía.
Os mitos de diferentes culturas comparten mitemas ou elementos comúns, de maneira que son variantes de historias semellantes, que pasan por diferentes fases: no Paleolítico xorden os mitos sobre animais fabulosos, tótems e espíritos ligados á natureza; no Neolítico o foco está na fertilidade e a Nai Natureza, os ciclos naturais e outros fenómenos semellantes; na Idade de Bronce xorden os primeiros panteóns, con deuses especializados en diferentes funcións e mitos derivados e finalmente xorden os mitos que aumentan en abstracción, onde o ser humano tamén xoga un papel relevante.
Obras