Látridos
Aparencia
Os látridos (Latridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes.
O nome vénlles do grego latris, -ios, escravo, servo.
Morfoloxía
Teñen o corpo alargado e a liña lateral rectilínea. Aleta dorsal única e continua, con 14-23 radios espiñosos e 23-40 radios brandos; aleta anal con e espiñas e 18-35 radios brandos; ventrais con 1 espiña e 5 radios brandos; pectorais redondeadas.
Hábitat e bioloxía
Distribúense polo suesde de Australia, Nova Zelandia, Chile e sueste do Atlántico. Son especies de hábitos costeiros e valorados para pesca deportiva.
Taxonomía
Divídense en tres xéneros e cinco especies:
- Latridopsis (Gill, 1862)
- Latridopsis ciliaris (Forster, 1801)
- Latridopsis forsteri (Castelnau, 1872)
- Latris (Richardson, 1839)
- Latris lineata (Forster, 1801) (antes Latris hecateia)
- Latris pacifica Roberts, 2003
- Mendosoma (Guichenot, 1848)
- Mendosoma lineatum (Guichenot, 1848)
A maiores, WORMS inclúe, con dúbidas, o xénero Micropus, que FishBase considera sinónimo do actual Caracanthus (familia Caracanthidae).
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Látridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Látridos |