Lista de ósos do esqueleto humano: Diferenzas entre revisións
m Substitución automática de "Human_skeleton_front_es.svg" por "Esqueleto_humano_(vista_frontal).svg" segundo o ordenou Beria. Mot... |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro: |
[[Ficheiro:Esqueleto_humano_(vista_frontal).svg|miniatura|220px|Ósos do [[Esqueleto humano]]]] |
||
O [[esqueleto humano]] adulto está constituido por 202 [[óso]]s (206 se se consideran por separado as 5 vértebras sacras, que realmente están fundidas nun único óso; e até 209 ou máis se se incluen ademais as vértebras coxíxeas, que tamén están fundidas nun único óso), a maioría deles pares, cun membro de cada par en cada lado do corpo. Os ósos impares son: as [[vértebra]]s, o [[esterno]], o [[óso frontal|frontal]], o [[occipital]], a [[mandíbula]], o [[esfenoide]], o [[etmoide]], o [[vómer]] e o [[hioide]]. O [[esqueleto]] dos lactantes e [[neno]]s presenta máis de 202 ósos xa que algúns destes se fusionarán máis tarde na vida adulta. |
O [[esqueleto humano]] adulto está constituido por 202 [[óso]]s (206 se se consideran por separado as 5 vértebras sacras, que realmente están fundidas nun único óso; e até 209 ou máis se se incluen ademais as vértebras coxíxeas, que tamén están fundidas nun único óso), a maioría deles pares, cun membro de cada par en cada lado do corpo. Os ósos impares son: as [[vértebra]]s, o [[esterno]], o [[óso frontal|frontal]], o [[occipital]], a [[mandíbula]], o [[esfenoide]], o [[etmoide]], o [[vómer]] e o [[hioide]]. O [[esqueleto]] dos lactantes e [[neno]]s presenta máis de 202 ósos xa que algúns destes se fusionarán máis tarde na vida adulta. |
||
Revisión como estaba o 11 de novembro de 2013 ás 02:15
O esqueleto humano adulto está constituido por 202 ósos (206 se se consideran por separado as 5 vértebras sacras, que realmente están fundidas nun único óso; e até 209 ou máis se se incluen ademais as vértebras coxíxeas, que tamén están fundidas nun único óso), a maioría deles pares, cun membro de cada par en cada lado do corpo. Os ósos impares son: as vértebras, o esterno, o frontal, o occipital, a mandíbula, o esfenoide, o etmoide, o vómer e o hioide. O esqueleto dos lactantes e nenos presenta máis de 202 ósos xa que algúns destes se fusionarán máis tarde na vida adulta.
Entre paréntese e en negriña móstrase o número total de ósos de cada tipo no esqueleto humano.
Cabeza ósea (25)
Cranio: neurocranio[1] (8) | Cranio: esplacnocranio[2] (10) | Oído medio (6) | Pescozo (1) |
---|---|---|---|
Frontal (1) Parietal (2) Temporal (2) Occipital (1) Esfenoide (1) Etmoide (1) Ósos wormianos (variable) |
Vómer (1) Unguis (2) Cornete nasal (2) Maxilar superior (2) Mandíbula (1) Cigomático ou malar (2) |
Martelo (2) Bigornia (2) Estribo (2) |
Hioide (1) |
Columna vertebral (26)
Columna Vértebras cervicais (7) |
Columna dorsal Vértebras dorsais[3] (12) |
Columna lumbar Vértebras lumbares (5) |
Columna sacra e cóccix (2) | Imaxe |
---|---|---|---|---|
Atlas ou primeira vértebra cervical (1) Axe ou segunda vértebra cervical (1) Terceira vértebra cervical (1) Cuarta vértebra cervical (1) Quinta vértebra cervical (1) Sexta vértebra cervical (1) Sétima vértebra cervical (1) |
Primeira vértebra torácica (1) Segunda vértebra torácica (1) Terceira vértebra torácica (1) Cuarta vértebra torácica (1) Quinta vértebra torácica (1) Sexta vértebra torácica (1) Sétima vértebra torácica (1) Oitava vértebra torácica (1) Novena vértebra torácica (1) Décima vértebra torácica (1) Undécima vértebra torácica (1) Duodécima vértebra torácica (1) |
Primeira vértebra lumbar (1) Segunda vértebra lumbar (1) Terceira vértebra lumbar (1) Cuarta vértebra lumbar (1) Quinta vértebra lumbar (1) |
Sacro (1: 5 vértebras fusionadas) Cóccix (1: normalmente 4 vértebras fusionadas) |
Ósos do tórax (25)
-
- Costelas verdadeiras (14)
- Costelas falsas (6)
- Os coxais pertencen tamén á cintura pelviana, mentres que o sacro e cóccix son o final da columna vertebral.
Esqueleto apendicular (124)
Cintura escapular (4) | Brazo (2) | Antebrazo (4) |
---|---|---|
Escápula ou omoplata[6] (2) Clavícula (2) |
Úmero (2) | Ulna ou cúbito[7] (2) Radio (2) |
Man: carpo e metacarpo (26)
Carpo[8] (16) | Metacarpo[9] (10) | Imaxe |
---|---|---|
Ganchudo (2) Pisiforme (2) Piramidal (2) Semilunar (2) Grande (2) Escafoide (2) Trapecio (2) Trapezoide (2) |
Primeiro metacarpiano (2) Segundo metacarpiano (2) Terceiro metacarpiano (2) Cuarto metacarpiano (2) Quinto metacarpiano (2) |
Cintura pelviana (4) | Coxa (2) | Perna (6) |
---|---|---|
Coxal (2) Sacro (1[12]) Cóccix (1[13]) |
Fémur (2) | Rótula (2) Tibia (2) Peroné (2) |
Pé: tarso e metatarso (24)
Tarso[14] (14) | Metatarso[15] (10) | Imaxe |
---|---|---|
Astrágalo (2) Calcáneo (2) Navicular[16] (2) Cuboide (2) Cuneiformes[17] (6): |
Primeiro metatarsiano (2) Segundo metatarsiano (2) Terceiro metatarsiano (2) Cuarto metatarsiano (2) Quinto metatarsiano (2) |
Nas mans e nos pés existen tamén en número variable os ósos sesamoideos. As rótulas son ósos sesamoideos.
Esqueleto nos nenos
Os nenos teñen algúns ósos máis, que se van fusionando:
- Vértebras sacras (4 ou 5), que se fusionan no adulto para formar o sacro.
- Vértebras coccíxeas (de 3 a 5), que se fusionan no adulto para formar o cóccix.
- Ilion, isquion e pube, que se fusionan no adulto para formar o coxal.
En todo caso, o número total de ósos do esqueleto humano é lixeiramente variable debido á existencia dos wormianos da cabeza, e os sesamoideos das mans e pés.
Notas
- ↑ O neurocranio tamén se chama polo nome de bóveda cranial
- ↑ O esplacnocranio tamén se chama ósos da cara
- ↑ A columna dorsal e as vértebras dorsais tamén se denominan como columna torácica e vértebras torácicas.
- ↑ Non se contaron as vértebras do sacro nin do cóccix posto que están sumadas na columna vertebral.
- ↑ A TA actual recolle o termo membro superior (tamén coñecido como membro torácico), aínda que tradicionalmente se usou extremidade superior.
- ↑ A escápula (termo preferente para a TA) tamén adoita recibir o nome de omoplata (ou espádoa).
- ↑ A TA actual recolle preferentemente o termo ulna, aínda que por tradición o uso maioritario é o de cúbito.
- ↑ Os carpianos coñécense tamén co nome de carpos.
- ↑ Os metacarpianos coñécense tamén co nome de metacarpos.
- ↑ A TA actual recolle o termo membro inferior (tamén coñecido como membro pelviano), mais tradicionalmente usouse o termo extremidade inferior.
- ↑ Este número non inclúe os ósos da cintura pelviana, xa que estes están sumados na columna vertebral.
- ↑ Son cinco vértebras fundidas nunha
- ↑ Son catro ou cinco vértebras fundidas nunha
- ↑ Os tarsianos coñécense tamén polo nome de tarsos.
- ↑ Os metatarsianos coñécense tamén polo nome de metatarsos.
- ↑ O navicular tamén se acostuma chamar escafoide, aínda que non hai que confundilo co óso homónimo dos carpos.
- ↑ Os cuneiformes adóitanse chamar tamén cuñas.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ósos |