[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Parlamento Europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Parlamento Europeo
IX lexislatura
Datos xerais
Ámbito Unión Europea Unión Europea
Creación1952
TipoCámara baixa
Límite5 anos
Inicio de sesións1 de xullo de 2019
Liderado
PresidenteRoberta Metsola (PPE)
desde o 18 de xaneiro de 2021
VicepresidentesAntonio Tajani (PPE)
Mairead McGuinness (PPE)
Rainer Wieland (PPE)
Ramón Luis Valcárcel (PPE)
ldikó Pelczné Gáll (PPE)
Adina-Ioana Vălean (PPE)
Sylvie Guillaume (S&D)
Corina Crețu (S&D)
Ulrike Lunacek (LV-ALE)
Olli Rehn (ALDE)
Alexander Graf Lambsdorff (ALDE)
Dimitris Papadimoulis
(LV-ALE)
Ryszard Czarnecki (CRE)
Presidente da Comisión Europea
Ursula von der Leyen (PPE)
Líder da MaioríaManfred Weber (PPE)
Líder da OposiciónSyed Kamall (CRE)
Composición
Membros750 e o Presidente
European Parliament composition by political groups 2019.svg
Grupos representados     Partido Popular Europeo (PPE)     Socialistas e Demócratas (S&D)     Renovar Europa (RE)     Identidade e Democracia (ID)     Os Verdes-Alianza Libre Europea (G-EFA/LV-ALE)     Conservadores e Reformistas Europeos (ECR/CRE)     Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL)     Non Inscritos (NI)
Salario84.000 ao ano
Título I do Protocolo sobre as disposicións transitorias do Tratado de Lisboa e do Tratado da Unión Europea
Eleccións
Sistema electoralSistema d'Hondt con representación proporcional con listas cerradas
Última elección26 de maio de 2019
Próxima elección2024
Lema
«In varietate concordia»
(do latín: «Unida na diversidade»)
Sede(s)
Cámara principal
Hemiciclo do Edificio Louise Weiss
 Francia Estrasburgo, Alsacia, Francia
Cámara secundaria
Hemiciclo do Espazo Leopoldo
 Bélxica Bruxelas, Rexión de Bruxelas, Bélxica
Sitio web
www.europarl.europa.eu
Cronoloxía

VIII lexislatura

X lexislatura

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados,[1] que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.

Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.

O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.

Historia

A Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) estableceu unha 'Asemblea Comunitaria' en setembro de 1952, os 78 membros da cal proviñan dos parlamentos estatais dos estados membros. Esta asemblea foi ampliada en marzo de 1958 para tratar de cubrir tamén a Comunidade Económica Europea e ó Euratom e adoptouse o nome de Asemblea Parlamentaria Europea até 1962 cando foi substituído polo de Parlamento Europeo. En 1979 o Parlamento foi ampliado e os seus membros foron elixidos directamente por vez primeira. Dende aquela, o Parlamento tense expandido a medida que se foron incorporando novos estados á UE.

Composición

Roberta Metsola, presidenta do Parlamento Europeo dende 2022.

Artigo sobre as eleccións europeas

O Parlamento Europeo representa a máis de 450 millóns de cidadáns da Unión Europea. Os seus membros son coñecidos como Membros do Parlamento Europeo (MEPs nas súas siglas en inglés). Na actualidade hai 751 MEPs que son renovados cada 5 anos por sufraxio universal. Non existe un sistema uniforme para a elección dos MEPs, cada estado membro elíxeos do xeito que cren axeitado aínda que todos empregan sistemas semellantes de representación proporciónal.

A asignación de asentos para cada estado membro baséase na proporcionalidade decrecente en función da poboación pero ofrecendo ós estados pequenos un maior número de representantes dos que lles corresponderían pola súa poboación. Debido a que o número de MEPs asignados a cada país foi negociado mediante tratados non hai ningunha fórmula para calcular o número de asentos para cada estado.

No 2004, o número de asentos do Parlamento Europeo aumentou temporalmente ata os 788 asentos para acolleren ós representantes dos novos estados membros unidos á UE o 1 de maio do mesmo ano. Actualmente o número é de 751.

Representación
Estado *      Estado *
Alemaña Alemaña 99 Austria 18
Francia 78 Bulgaria 18
Italia 78 Finlandia 14
Reino Unido1 78 Dinamarca 14
España 54 Eslovaquia 14
Polonia 54 Irlanda 13
Romanía 35 Lituania Lituania 13
Países Baixos 27 Letonia 9
Bélxica Bélxica 24 Eslovenia 7
República Checa República Checa 24 Chipre 6
Grecia 24 Estonia 6
Hungría 24 Luxemburgo Luxemburgo 6
Portugal 24 Malta 5
Suecia 19 Total: 785

A proporción de mulleres MEPs elixidas no 2004 era dun 30,2%, en 1979 era só o 16,5%.

Poderes e funcións

Nin o Parlamento Europeo nin o Consello de Ministros posúen iniciativa lexislativa. Este papel queda reservado para a Comisión Europea. Non obstante, as propostas de lei e as directivas da Comisión teñen que ser aprobadas polo Parlamento e polo Consello para poderen entrar en vigor.

O Parlamento ten o poder de arranxar e bloquear as iniciativas lexislativas naquelas áreas nas que ten competencia de codecisión. Nalgunhas áreas pode aceptar ou vetar as propostas da Comisión e noutras só ten poder consultivo.

O Presidente da Comisión Europea é elixido polo Consello Europeo, aínda que ten que ser ratificado polo Parlamento. O resto dos comisarios tamén teñen que ser ratificados polo Parlamento quen acepta ou rexeita á Comisión presentada polo Presidente da Comisión Europea en bloque.

O Parlamento Europeo exerce unha función de supervision democrática sobre as actividades da UE e en especial sobre aquelas que leva a termo a Comisión Europea. O Parlamento ten o poder de presentar unha moción de censura á Comisión. Neste caso a moción ten que ser secundada por unha maioría de dous terzos para ser aprobada.

Localización

O Parlamento Europeo ten a súa base en tres cidades diferentes. O protocolo do Tratado de Ámsterdam require que haxa sesións mensuais na cidade de Estrasburgo, onde está a sede oficial do Parlamento, mentres que as sesións extra e os comités fanse na cidade de Bruxelas. A cidade de Luxemburgo é a sede do Secretariado do Parlamento Europeo.

Na actualidade existe un forte movemento que quere que Bruxelas sexa a capital de tódalas institucións da UE (a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Consello da Unión Europea). A pesar disto, e do millón de sinaturas pedindo o seu traslado, Francia oponse fortemente.

Organización

Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

As principais oficinas e órganos do Parlamento son os seguintes:

Lista de comités

Asuntos interiores

  • BUDG - Comité de orzamentos
  • CONT - Comité de control presupostario
  • ECON - Comité de asuntos económicos e presupostarios
  • EMPL - Comité de traballo e asuntos sociais
  • ENVI - Comité de medio ambiente, saúde pública e seguridade alimentaria
  • ITRE - Comité de industria e enerxía
  • IMCO - Comité de mercado interior e defensa do consumidor
  • TRAN - Comité de transporte e turismo
  • REGI - Comité de desenvolvemento rexional
  • AGRI - Comité de agricultura e desenvolvemento rural
  • PECH - Comité da industria pesqueira
  • CULT - Comité de educación e cultura
  • JURI - Comité de asuntos legais
  • LIBE - Comité de liberdades civís, xustiza e asuntos interiores
  • AFCO - Comité de asuntos constitucionais
  • FEMM - Comité polos dereitos da muller e a igualdade de xénero
  • PETI - Comité de peticións e demandas

Asuntos exteriores

  • AFET - Comité de asuntos exteriores
    • DROI - Subcomité de dereitos humanos
    • SEDE - Subcomité de seguridade e defensa
  • DEVE - Comité de desenvolvemento
  • INTA - Comité de comercio internacional

Grupos e partidos políticos

Artigo principal: Eleccións europeas.

Os partidos políticos con representación no Parlamento Europeo están organizados en grupos políticos, se ben a disciplina de grupo é moi débil e tanto as delegacións estatais como os MEPs a título individual son libres de establecer alianzas segundo crean conveniente.

No 2014 constaba de sete grupos, así como un conxunto de MEPs non adscritos a ningún grupo.

Grupo Partidos membros/subgrupos Escanos
Partido Popular Europeo (PPE) Partido Popular Europeo (PPE) 220
Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas (S-D) Partido Socialista Europeo (PES) 191
Conservadores e Reformistas Europeos (CRE) Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos (ACRE) 70
Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (Partido) (ALDE)
Partido Demócrata Europeo (PDE)
68
Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) Partido da Esquerda Europea (PEE)
Alianza Verde e de Esquerdas Nórdica (NGLA)
(Outros partidos de esquerdas)
52
Os Verdes-Alianza Libre Europea (Verdes-ALE) Partido Verde Europeo (PVE)
Alianza Libre Europea (ALE)
50
Europa da Liberdade e Democracia Directa (ELDD) Alianza para a Democracia Directa en Europa (ADDE) 48
Non Adscritos 52

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas