[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

República de Rodesia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{outros homónimos|Rodesia}}
{{outros homónimos|Rodesia}}
{{País desaparecido
{{País desaparecido
Liña 68: Liña 67:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{xeografía en progreso}}

[[Categoría:Historia de Cimbabue]]
[[Categoría:Historia de Cimbabue]]
[[Categoría:Estados desaparecidos de África]]
[[Categoría:Estados desaparecidos de África]]

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2018 ás 17:20

Modelo:País desaparecido A Rodesia (en inglés: Rhodesia) coñecida oficialmente entre 1970 e 1979 como República de Rodesia foi un estado non recoñecido que existiu no sur de África entre 1965 e 1979, na actual República de Cimbabue. Coa súa capital en Salisbury (actual Harare), Rodesia considerábase estado sucesor de facto da ex-colonia británica de Rodesia do Sur.

Trala disolución da Federación de Rodesia e Nyasalandia, en 1963, o goberno da minoría branca (que representaba un 5% da poboación da colonia para ese entón), liderado por Ian Smith, nun esforzo por atrasar unha transición inmediata a un goberno da maioría negra, declarou unilateralmente a súa independencia o 11 de novembro de 1965. A administración de solicitou inicialmente o recoñecemento como Reino da Mancomunidade Británica de Nacións con Isabel II do Reino Unido como xefe de estado baixo o título Reina de Rodesia. Con todo, en 1970, nun errado intento de gañar recoñecemento internacional, declarouse a República de Rodesia, cun Presidente como xefe de estado e un Primeiro Ministro como xefe de goberno.

Logo dunha brutal guerra de guerrillas entre o goberno de Rodesia e as organizacións nacionalistas comunistas africanas, como a ZANU de Robert Mugabe e ZAPU de Joshua Nkomo, Ian Smith aceptou unha democracia birracial en 1978. Con todo, o goberno provisional, aínda encabezado por Smith e o seu compañeiro moderado Abel Muzorewa fallou en tranquilizar as críticas internacionais e en deter o derramamento de sangue. O 12 de decembro de 1979, o goberno rodesiano devolveu a administración ao Reino Unido no que se celebraban eleccións democráticas baixo sufraxio universal. Trala vitoria do ZANU, o goberno británico recoñeceu a independencia da colonia baixo o nome de República de Cimbabue.

Notas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.