Yoshito Usui
Nome orixinal | (ja) 臼井 儀人 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de abril de 1958 Shizuoka, Xapón |
Morte | 11 de setembro de 2009 (51 anos) Shimonita, Xapón (pt) |
Causa da morte | morte accidental, caída de altura |
Residencia | Kasukabe |
Educación | Kasukabe Technical High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | Mangaka, letrista, guionista |
Período de actividade | 1987 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Yoshito Usui (臼井儀人 Usui Yoshito?), nado en Shizuoka o 21 de abril de 1958 e finado o 11 de setembro de 2009, foi un debuxante de manga xaponés, coñecido fundamentalmente por crear o manga e anime Shin Chan.
Traxectoria
En 1977 graduouse na Escola Saitama. Simultaneamente comezou a traballar nun supermercado durante o día e asistía ás clases da escola de deseño pola noite. No 1979 entrou a traballar nunha empresa de publicidade e no 1985 iniciou a súa incursión máis profunda no mundo da banda deseñada ó gañar o premio “New-Comer” da revista Manga Action. Comezou o seu primeiro cómic de series Stories of Darakuya Store, no 1990 continuou cos cómics Office Lady Gumi e, en setembro dese mesmo ano, con Crayon Shin Chan.
Shin Chan converteuse nunha serie animada para televisión en 1992, estreada na canle Asahi. A primeira película de cine estreouse un ano máis tarde e a partir desa data cada ano realízase unha nova. En decembro de 2002 recibiu o gran premio de animación The Media Arts Festival de Toquio.
O 11 de setembro de 2009 desaparece logo de ter ido a facer sendeirismo nunha zona montañosa na prefectura de Nagano. O 19 de setembro de 2009 atópase un cadáver, que se atribúe ó do debuxante; xa que se atopou o corpo coas mesmas roupas que levaba o 11 de setembro e na mesma zona na que dixo que ía facer sendeirismo.