1991
Aparencia
1991 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1991 MCMXCI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2744 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1440 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4687 – 4688 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5751 – 5752 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2046 – 2047 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1913 – 1914 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5092 – 5093 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1369 – 1370 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1412 – 1413 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2241 | ||||||||||||||||||
|
1991 (MCMXCI) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 16 de xaneiro - Unha coalición internacional liderada por Estados Unidos comeza a operación Tormenta do Deserto, para obrigar ó exército de Saddam Husayn a retirarse de Kuwait.
- 26 de maio - Celébranse as IV Eleccións municipais en España desde a Transición.
- 20 de agosto - Estonia independízase da Unión Soviética.
- 24 de agosto - Ucraína declárase independente da URSS.
- 25 de agosto - Belarús declárase independente.
- 27 de agosto - Independencia da Moldova.
- 31 de agosto - Kirguizistán declara a súa independencia.
- 1 de setembro - Uzbekistán declárase independente.
- 9 de setembro - Taxiquistán declárase independente.
- 19 de setembro - Áchase nos Alpes de Venoste, no glaciar do Similaun, a momia de Ötzi ou momia do Similaun (dito tamén home de Similaun e home dos xeos).
- 23 de setembro - Armenia declárase independente da URSS.
- 27 de outubro - Independencia de Turkmenistán.
- 1 de decembro - Panamá recibe o control do Canal do Panamá.
- 8 de decembro - Os líderes de Rusia, Belarús e Ucraína deciden disolve-la URSS e crea-la Comunidade de Estados Independentes.
- 16 de decembro - Independencia do Casaquistán.
- 26 de decembro - Disólvese a URSS.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 20 de xaneiro - Óscar Santiago Rumayor, futbolista cántabro.
- 6 de novembro - Camila Finn, modelo brasileira.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 8 de xaneiro - Steve Clark, guitarrista británico (Def Leppard) (n. 1960).
- 11 de xaneiro - Carl David Anderson, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1905).
- 17 de xaneiro - Rei Olavo V de Noruega (n. 1903).
- 30 de xaneiro - John Bardeen, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1908).
- 5 de febreiro - Dean Jagger, actor norteamericano.
- 6 de febreiro - María Zambrano, filósofa española.
- 6 de febreiro - Salvador Luria, biólogo italiano, Premio Nobel (n. 1912).
- 21 de febreiro - Margot Fonteyn, bailarina de ballet británica (n. 1919).
- 26 de febreiro - Xesús Campos Álvarez, humorista gráfico e xornalista galego (n. 1951).
- 2 de marzo - Serge Gainsbourg, cantante francés (n. 1928).
- 8 de marzo - Abelardo Miguel - pintor galego. (n.1918)
- 12 de marzo - Ragnar Granit, neurocientista finés, Premio Nobel (n. 1900).
- 17 de marzo - Pilar Primo de Rivera, política española (n. 1907).
- 6 de abril - Baltasar Darder Sansó, filólogo, mestre e promotor sociocultural mallorquín.
- 28 de abril - Mario Fernández Granell, pintor galego (n. 1914).
- 14 de maio - Victoriano Fernández Asís, xornalista e escritor galego (n. 1906).
- 15 de maio - Amadou Hampâté Bâ, etnólogo e escritor maliano.
- 21 de maio - Rajiv Gandhi, primeiro ministro da India (n. 1944).
- 15 de xuño - Arthur Lewis, economista británico, Premio Nobel de Economía (n. 1915).
- 24 de xullo - Isaac Bashevis Singer, escritor polaco, Premio Nobel de Literatura (n. 1902).
- 3 de agosto - Ali Sabri, primeiro ministro do Exipto (n. 1920).
- 5 de agosto - Julio Prieto Nespereira, pintor e gravador galego (n. 1896).
- 18 de agosto - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991).
- 2 de setembro - Alfonso García Robles, diplomático mexicano, Premio Nobel da Paz (n. 1911).
- 3 de setembro - Frank Capra, director estadounidense de cine (n. 1897).
- 7 de setembro - Edwin McMillan, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1907).
- 28 de setembro - Miles Davis, músico de jazz estadounidense (n. 1926).
- 4 de outubro - Domingo Quiroga Ríos, investigador e xornalista galego (n. 1900).
- 10 de outubro - Pío Cabanillas Gallas, político galego n. 1923).
- 24 de outubro - Gene Roddenberry, produtor de televisión estadounidense (n. 1921).
- 27 de outubro - José María Sánchez Rivas, empresario galego.
- 6 de novembro - Gene Tierney, actriz estadounidense (n. 1920).
- 10 de novembro - Montserrat Roig, escritora catalá (n. 1946).
- 18 de novembro - Gustáv Husák, presidente de Checoslovaquia (n. 1913).
- 23 de novembro - Klaus Kinski, actor alemán (n. 1926).
- 24 de novembro - Freddie Mercury, cantante británico (n. 1946).
- 1 de decembro - George Joseph Stigler, economista americano, Premio Nobel (n. 1911).
- 6 de decembro - Richard Stone, economista británico, Premio Nobel (n. 1913).
- 10 de decembro - Emilio González López, historiador e político galego (n. 1903).
- Física: Pierre-Gilles de Gennes
- Química: Richard R. Ernst
- Fisioloxía ou Medicina: Erwin Neher e Bert Sakmann
- Literatura: Nadine Gordimer
- Paz: Aung San Suu Kyi
- Economía: Ronald H. Coase
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1991 |