Fran Alonso
Nome orixinal | (gl) Fran Alonso |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1963 (61 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, xornalismo e actividade literaria |
Ocupación | escritor, editor literario |
Xénero artístico | novela, poesía, narrativa |
Pseudónimo literario | Fran Alonso |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Concha Costas |
Premios | |
| |
Páxina web | franalonso.gal |
Francisco Alonso Villaverde, máis coñecido como Fran Alonso, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.[2]
Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.
Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.
A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018 [3]. Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).[4]
Está casado con Concha Costas, expresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa adulta
[editar | editar a fonte]- Tráiler (1991). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-250-4.
- A lúa no probador (1992). Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia. Relatos e poemas escritos entre 1986 e 1990.
- Cemiterio de elefantes (1994). Vigo: Edicións Xerais. Traducida ao castelán.[5] 136 páxs. ISBN 978-84-9782-625-9(7ª). ePub: ISBN 978-84-9914-616-4.
- Silencio (1995). Vigo: Nigra. Reeditada cun relato inédito en 2001 por Edicións Xerais en Fóra de Xogo, 96 páxs. ISBN 978-84-9914-635-5, ePub: ISBN 978-84-9914-719-2.
- Males de cabeza (2001). Vigo: Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán[6] e ao catalán.[7] 208 páxs. ISBN 978-84-8302-546-8 (2ª).[8] ePub: ISBN 978-84-9914-961-5.
- Ninguén (2011). Vigo: Edicións Xerais. 200 páxs.[9] ISBN 978-84-9914-302-6. ePub: ISBN 978-84-9914-477-1.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O brillo dos elefantes (1999). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Luis Castro Enjamio. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-454-5 (4ª).
- A casa da duna (2002). Vigo: Edicións Xerais. Co fotógrafo Manuel G. Vicente. 48 páxs. ISBN 8483028719.
- O brillo dos elefantes (2006). Vigo: Edicións Xerais, Merlín. Ilustrado por Enjamio. 80 páxs. ISBN 9788497824545.
- Cartas de amor (2006). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. Traducida ao castelán.[10] 128 páxs. ISBN 978-84-9782-489-7 (13ª). ePub: ISBN 978-84-9914-852-6.
- A araña e máis eu (2009). Kalandraka. Foi traducida ao castelán,[11] ao portugués,[12] ao inglés,[13] ao italiano[14] e ao coreano.[15] Fotografías de Manuel G. Vicente. 48 páxs. ISBN 978-8484645344.
- A punta de pistola (2012). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-451-1 (5ª).[16] ePub: ISBN 978-84-9914-585-3.
- Douche a miña palabra (2021). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-886-9 . Ilustracións de Bea Gregores. ePub: ISBN 978-84-9121-899-9.
- A curva da pantasma (2023). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-308-4. ePub: ISBN 978-84-1110-285-8.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Cidades (1997). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de libros. (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe"). Traducida ao castelán.[17][18] 72 páxs. ISBN 978-84-9914-191-6 (5ª). ePub: ISBN 978-84-1110-290-2. Ilustacións do autor.
- Subversións (2001). Vigo: Edicións Xerais, Alternativas. 188 páxs. ISBN 9788483026618.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-250-0 (19ª). ePub: ISBN 978-84-9121-972-9.[19] Edición actualizada en 2024, ISBN 978-84-1110-513-2.
- O meu gato é un poeta (2011). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 72 páxs. ISBN 978-84-9914-211-1(9ª). (libro-CD)[20]
- Poemas birollos para ler cos ollos (2016). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. Ilustrado polo autor. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-052-8(2ª).
- Street poems (2018). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-367-3 (3ª). Ilustrado polo autor.
Biografía
[editar | editar a fonte]- A vida secreta de María Mariño (2007). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fino Lorenzo. 104 páxs. ISBN 9788497825757.
- A voz que vén da seitura (2007). Biografía da Señora Carmen, unha muller de 82 (falecida en 2014) anos integrante do grupo folk Malvela. Forma parte do libro CD/DV A flor dos meus anos.[21]
- Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía (2010). Vigo: Edicións Xerais, Merlín. 136 páxs. ISBN 9788499141220.
Crónica
[editar | editar a fonte]- Territorio ocupado (1998). Vigo: Edicións Xerais. Fotografías de Manuel G. Vicente. 280 páxs. ISBN 9788483022801.
- Un país a medio facer (2008). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 9788497829335.
- Contesta ou disparo (2011). Publicado en Internet. Libro de entrevistas para Diario 16 de Galicia.[22]
Poesía adultos
[editar | editar a fonte]- Persianas, pedramol e outros nervios (1992). Alacrán Poesía. ISBN 978-8460442745.
- Tortillas para obreiros (1996). Culleredo: Espiral Maior. 53 páxs. ISBN 8488137842.
- Subversións (2001). Vigo: Edicións Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-661-8.[23]
- Balada solitaria (2004). Edicôes Eterogémeas. Traducida ao catalán.[24]
- Transición (2011). Franouren. (libro-CD)
- Poétic@ (2015). Autoedición en formato dixital.
- Terraza (2017). Vigo: Edicións Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-155-6. ePub: ISBN 978-84-9121-579-0.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- A rota dos baleeiros, 1991, Edicións do Dragón.
- XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
- Relato contemporáneo, 1995, Edicións Xerais.
- Construír a paz, 1996, Edicións Xerais.
- Narradores de cine, 1996, Edicións Xerais.
- Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
- Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
- Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
- Ninguén está só, 2001, Editorial Tris Tram.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
- Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Edicións Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
- X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
- Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
- O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Edicións Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler (2007). Vigo: Edicións Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Curuxa Literaria en 1990 polo relato O mañá depende de nós.
- Premio Blanco Amor en 1991 por Tráiler.
- Premio Rañolas en 1997 por Cidades.
- Premio Losada Diéguez en 1999.
- Accésit do Premio Lazarillo do Ministerio de Cultura en 1998 por Cidades.
- Mención na Lista de Honra da revista CLIJ.
- Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil no 2011, por O meu gato é un poeta.
- Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola.
- Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Fran Alonso Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Fran Alonso dirixirá a nova etapa de Xerais". Galicia Confidencial. 20 de abril de 2018.
- ↑ "Fran Alonso". www.aelg.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "«Cementerio de elefantes»: Estética comprometida, a la altura también de nuestro tiempo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas". FRAN ALONSO. 2013-10-01. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Males de Cabeza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Mals de cap". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Cartas de amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "La araña y yo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "A aranha e eu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "The spider and me". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "Io e il ragno". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "무엇을 닮았을까?". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-23.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Xornalismo". FRAN ALONSO. 2015-02-17. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ Contesta ou disparo
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Balada solitària". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.