Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España)
Aparencia
(Redirección desde «Ministerio de Política Territorial e Función Pública»)
Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España) | |
---|---|
Información xeral | |
Sitio web | |
http://www.mptfp.es |
O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática é o departamento ministerial encargado das relacións coas comunidades autónomas, as distintas administracións públicas e a función pública en España. O seu titular é Ángel Víctor Torres.
Funcións
[editar | editar a fonte]Segundo o Real Decreto 863/2018, de 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Política Territorial e Función Pública., corresponde ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública:[1]
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de relacións e cooperación coas comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración Local e as relativas á organización territorial do Estado; así como as relacións coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno e o apoio á súa xestión.
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de función pública, emprego público e formación de empregados públicos; de gobernanza e organización da Administración Xeral do Estado; de procedementos e inspección de servizos; de transparencia e goberno aberto; do desenvolvemento e seguimento de programas para a mellora da xestión pública e a calidade dos servizos.
- A política de Administración Dixital, así como a coordinación do proceso de racionalización das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos Públicos, e do impulso da Administración electrónica a través da prestación compartida do Servizo Común de Sistemas de Información e Comunicación; igualmente correspóndelle o establecemento das disposicións e directrices necesarias para o seu funcionamento.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:
- A Secretaría de Estado de Política Territorial, da que depende o seguinte órgano directivo:
- A Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, con rango de Subsecretaría, da que dependen os seguintes órganos directivos:
- A Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local.
- A Dirección Xeral de Réxime Xurídico Autonómico e Local.
- A Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, con rango de Subsecretaría, da que dependen os seguintes órganos directivos:
- A Secretaría de Estado de Función Pública da que dependen os seguintes órganos directivos:
- A Secretaría Xeral de Administración Dixital, con rango de Subsecretaría.
- A Dirección Xeral da Función Pública.
- A Dirección Xeral de Gobernanza Pública.
- A Oficina de Conflitos de Intereses, con rango de Dirección Xeral.
- A Subsecretaría de Política Territorial e Función Pública, da que depende a Secretaría Xeral Técnica.
- O Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, con rango de Subsecretaría.
- Gabinete do Ministerio
Histórico de titulares da carteira
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ministro | Data de inicio | Data de fin |
---|---|---|
Meritxell Batet | 7 de xuño de 2018 | 21 de maio de 2019 |
Luis Planas (interino) | 21 de maio de 2019 | 13 de xaneiro de 2020 |
Carolina Darias | 13 de xaneiro de 2020 | 27 de xaneiro de 2021 |
Miquel Iceta | 27 de xaneiro de 2021 | 2021 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Real Decreto 863/2018, de 13 de julio, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Política Territorial y Función Pública.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018.