[go: nahoru, domu]

Étienne Geoffroy Saint-Hilaire

Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, nado en Étampes (departamento de Essonne, na rexión da Illa de Francia), o 15 de abril de 1772, e finado en París o 19 de xuño de 1844, foi un naturalista francés.

Modelo:BiografíaÉtienne Geoffroy Saint-Hilaire

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1772 Editar o valor en Wikidata
Étampes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1844 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 19
Grave of Geoffroy Saint-Hilaire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
135º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1833 – 31 de decembro de 1833
← Sylvestre François Lacroix (pt) TraducirJoseph Louis Gay-Lussac →
Député de Seine-et-Oise (en) Traducir
12 de maio de 1815 – 13 de xullo de 1815 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, naturalista, zoólogo, político, ornitólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGeoffroy Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaGeoffroy Saint-Hilaire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAngélique-Jeanne-Louise-Pauline Brière de Mondétour Editar o valor en Wikidata
FillosIsidore Geoffroy Saint-Hilaire Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarc-Antoine Geoffroy-Château Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Geoffroy-107 Find a Grave: 44170840 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

De pai avogado no parlamento de París, o mozo Geoffroy Saint-Hilaire dedicouse en principio á carreira eclesiástica, continuando os seus estudos no Colexio de Navarra de París. Alí frecuentou a varios científicos da época: René Just Haüy, Antoine Lavoisier e Claude Louis Berthollet, e segue os cursos de Daubenton no Collège de France, de Antoine-François de Fourcroy no Xardín Real e de Haüy, creador da cristalografía.

En marzo de 1793 Daubenton, grazas á intervención de Bernardin de Saint-Pierre, ofrécelle un posto de asistente no gabinete de Historia Natural, vacante tras a dimisión de Bernard Lacépède.

En xuño de 1793, Geoffroy convértese nun dos doce profesores do Museo Nacional de Historia Natural, ocupando a cátedra de zooloxía. O mesmo ano, ocúpase da constitución da dirección do Museo.

En 1794 *entabla correspondencia con Georges Cuvier. Xuntos, firmarán varias memorias de historia natural. Unha delas presenta a clasificación dos mamíferos construída a partir da idea da subordinación de caracteres, fundamento do sistema de clasificación de Cuvier.

Na Historia dos makís ou monos de Madagascar, escrita en 1795, Sait-Hilarie expresa por primeira vez os seus puntos de vista sobre a unidade do plan de organización dos seres vivos, concepción constantemente reivindicada nas súas obras posteriores.

En 1798 Geoffroy é elixido para participar na grande expedición científica que acompañará a Napoleón a Exipto. Entra no Instituto de Exipto o 20 de agosto de 1798, onde presenta varios artigos que serían publicados posteriormente na Description de l’Egypte. Durante esta viaxe recompila numerosas observacións zoolóxicas, especialmente sobre réptiles e peixes.

En setembro de 1804 é elixido membro da Academia das Ciencias. En marzo do ano seguinte Napoleón, que xa o recompensara coa Cruz da Lexión de Honor, elíxeo para visitar os museos de Portugal co fin de procurar coleccións de animais do Brasil.

En 1809, ano da súa volta a Francia, é nomeado profesor de zooloxía da Facultade de Ciencias de París, dedicándose completamente aos estudos anatómicos.

En 1818 publica a primeira parte da súa célebre Filosofía anatómica; a segunda publicaríase en 1822. Na Historia natural dos mamíferos, de 1819, postula que os órganos conservan sempre as mesmas relacións entre eles, pero tamén que non se crea ningún órgano novo e que cando un órgano se desenvolve faino en detrimento doutro.

En 1830 Geoffroy intenta aplicar o seu método aos invertebrados. Para Saint-Hilaire, todos os animais están compostos polos mesmos elementos, nun número igual e coas mesmas conexións, incluso se difiren na forma.

As súas ideas en canto á evolución son próximas ás de Lamarck, o que o leva a enfrontarse con Cuvier, convencido fixista, na Academia das Ciencias. En busca de argumentos, estuda a teratoloxía, o estudo de anomalías no desenvolvemento embrionario. Neste sentido, define a noción de homoloxía, establecendo unha ponte entre a embrioloxía e a anatomía comparada.

En xullo de 1840, Geoffroy Saint-Hilaire vólvese cego e, meses máis tarde, sofre un ataque que o deixa paralizado, o que o obriga a dimitir da súa cátedra no Museo en 1841, sucedéndoo o seu fillo Isidore Geoffroy Saint-Hilaire (1805-1861). Morre tres anos máis tarde.

 
Podencéfalo. Debuxo dunha teratoloxía de Étienne Geoffroy Saint-Hilaire na súa Philosophie Anatomique (1822), tomo II, prancha VI.
 
Anencéfalo e notencéfalo.

A unidade do plan de organización dos animais é a idea que articula toda a súa obra. En relación con ela desenvolve a súa teoría dos análogos e o principio das conexións. Segundo a teoría dos análogos, existe unha correspondencia entre os órganos de todas as especies, mentres que o principio das conexións é o que permite localizar tales correspondencias. Así, os órganos poden encontrarse hipertrofiados, atrofiados e incluso desaparecidos, pero o modelo común mantense. Tal modelo común, por outro lado, constrúese en virtude de consideracións exclusivamente morfolóxicas.

A redución de todos os plans corporais a un só tipo provocou unha polémica de grande alcance internacional entre Saint Hilaire e Georges Cuvier.

Algunhas publicacións

editar
  • 1800. Exposition d’un plan d’experiènces
  • 1807. Loi de balancement
  • 1818. Philosophie anatomique
  • 1820–1842. Histoire naturelle des mammifères. 7 volumes
  • 1829. Cours de l'histoire naturelle des Mammifères
  • 1829. Fragments sur la Nature.
  • 1830. Principes de philosophie zoologique

O debate de 1830

editar

En 1830 dous naturalistas mozos, Meyranx e Laurencet, presentaron ante a Academia das Ciencias unha memoria na que vinculaban a un cefalópodo e un vertebrado, pregando este último cara a atrás, ao nivel do embigo. Argumentaban que nesta posición os vertebrados tiñan todos os seus órganos na mesma orde que os cefalópodos.

Nun artigo lido na Academia das Ciencias en febreiro de 1830, Cuvier presentou diagramas dos órganos internos de cefalópodos e vertebrados pregados cara a atrás na maneira indicada por Meyranx e Laurencet, mostrando como a ordenación dos principais órganos era diferente, e que o parecido sería moito maior se o pregamento se fixera na dirección contraria, caso no que a ordenación tampouco sería a mesma. Este foi o comezo da controversia.

Partindo do seu principio da unidade do plan e composición, Geoffroy alegou todas as súas teorías sobre a homoloxía entre o esqueleto dos peixes e o dos vertebrados superiores.

O célebre debate entre Geoffroy e Cuvier desenvolveuse oficialmente en forma de comunicacións e discusións públicas na Academia das Ciencias, pero tamén, de modo non oficial, en revistas e mesmo na prensa diaria. A polémica, que ilustra o auxe da anatomía comparada como disciplina central no conxunto das ciencias naturais, concluíu abruptamente coa inesperada morte de Cuvier en 1832.

Evolucionismo

editar
Véxase tamén: Evolución.

En canto á cuestión da evolución das especies, Saint Hilaire declárase próximo ao transformismo lamarckiano. Porén, como morfólogo e anatomista comparativo, nunca estivo especialmente interesado no problema da evolución das especies e o seu transformismo non foi máis alá do de Buffon, nin chegou nunca a considerar un devanceiro común.

Legado

editar

A xenética molecular confirmou unha das hipóteses máis arriscadas de Saint-Hilaire: a identidade (por inversión) dos plans corporais de vertebrados e artrópodos. En 1996 Robertis e Sasai descubriron que o eixe dorsoventral de vertebrados e artrópodos está determinado por xenes homólogos cuxo patrón de expresión se encontra invertido en ambos os grupos.[1]

Traducións

editar
  • 2009, Principios de filosofía zoológica. Editorial Cactus. Tradución de Pablo Ires.
  1. Ron Amundson, The Changing Role of the Embryo in Evolutionary Thought: Roots of Evo-Devo, Cambridge University Press, 2005. ISBN 0-521-80699-2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Charon, Pierre (2004) "Etienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772-1844) and anencephaly: Contribution of one naturalist to medical knowledge" in Histoire des sciences médicales, 38, (3) páxs. 365–83:
  • Collins Cook, D. (2001): "Neglected ancestors: Etienne and Isidore Geoffroy Saint-Hilaire" in Paleopathology newsletter, 116, páxs. 17–21.
  • Morin, A. (1996): "Teratology from Geoffroy Saint-Hilaire to the present" in Bulletin de l'Association des anatomistes, 80, (248), páxs. 17–31.
  • Moyal, Ann (2009): "The great French naturalist and the platypus", in The National Library Magazine, 1 (2) páxs. 2–7. [1]
  • Schmitt, Stéphane (2006): Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin.

Ligazóns externas

editar