Alfonso González Martínez
Alfonso González Martínez, nado en Albacete o 4 de maio de 1999, e máis coñecido como Alfon, é un futbolista que xoga no Celta de Vigo. A súa posición é a de dianteiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1999 (25 anos) Albacete, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Traxectoria
editarAlfon comezou a súa carreira como xuvenil do Albacete. Debutou co filial do equipo aos 17 anos, o 21 de agosto de 2016, empezando como titular nun partido da Terceira División contra o CD Atlético Tomelloso, que acabaría nunha derrota por 0 a 1. Anotou o seu primeiro gol con este equipo B o 9 de outubro de 2016, nunha derrota en casa contra o CD Toledo B por 1 a 3. Debutaría co primeiro equipo en Segunda B, finalmente, o 14 de maio dese mesmo ano, entrando como substituto de José Fran no minuto 72 de xogo, nun empate a cero contra o Real Madrid Castela.
O 29 de agosto de 2018 Alfon saíu cedido ao Internacional de Madrid da Terceira División por un ano. Ao terminar a súa cesión, renovou o seu contrato co Albacete o 12 de xullo de 2019 ata o ano 2022. Aínda así, volvería saír cedido, esta vez ao Getafe B da Segunda B.
O 21 de agosto de 2020 oficializouse o seu seguinte destino, de novo cedido durante un ano, ao Celta de Vigo da Primeira División de España, sendo asignado ao seu equipo filial, tamén militante na Segunda División B española. O 8 de xaneiro desde mesmo ano fixo o seu debut profesional na Primeira División, cando entrou como substituto de Fran Beltrán no minuto 73 do encontro, nunha partida fronte ao Vilarreal CF no que terminaría perdendo o Celta por 0 a 4.
Na tempada 2022-23, xa en propiedade do Celta, chega cedido ao Racing de Santander da Segunda División de España, no que xoga ata o mes de xaneiro de 2023, tras só disputar 223 minutos en oito partidos coa camiseta racinguista na LaLiga SmartBank e 58 minutos na Copa do Rey.
O 30 de xaneiro de 2023 firmou co Real Murcia C. F. da Primeira Federación, cedido ata o final da tempada polo Celta de Vigo. Na tempada 2024-25, de volta no Celta de Vigo, forma parte do cadro de xogadores do club vigués.
A súa primeira titularidade co equipo vigués foi o 26 de agosto de 2024, nun encontro no estadio da Cerámica fronte ao Villarreal que rematou con derrota celeste por 4 goles a 3.[1] Foi substituído no minuto 70 por Iago Aspas.[2]
Clubs
editarClub | País | Ano |
---|---|---|
Albacete Balompé "B" | España | 2016-2018 |
Albacete Balompié | España | 2018-2020 |
Club Internacional de Madrid (cedido) | España | 2018-2019 |
Getafe CF "B" (cedido) | España | 2019-2020 |
Real Club Celta de Vigo B | Galicia | 2020-2023 |
Racing de Santander (cedido) | España | 2022-2023 |
Real Murcia CF (cedido) | España | 2023-2024 |
Real Club Celta de Vigo | Galicia | 2024-act. |
Notas
editar- ↑ "Alfon, la gran novedad en un once del Celta en Villarreal con siete cambios". La Voz de Galicia. Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ Mata, Jesús. "Villarreal-Celta:resumen, resultado y goles de LaLiga.". MARCA. Consultado o 30 de agosto de 2024.