Andorra Club de Fútbol
O Andorra Club de Fútbol é un club de fútbol español de Andorra, na provincia de Teruel. Foi fundado en 1957 e actualmente compite na Rexional Preferente de Aragón (Grupo III). Por motivos de patrocinio foi coñecido como Endesa Andorra.
Andorra | |||
---|---|---|---|
Nome | Andorra Club de Fútbol | ||
Fundación | 1957 | ||
Estadio | Juan Antonio Endeiza Andorra, España | ||
Inauguración | 1957 | ||
Capacidade | 3.000 | ||
Presidente | José Luis Burgos | ||
Adestrador | Gori Silva | ||
Liga | Rexional Preferente de Aragón (Grupo III) | ||
Na rede | |||
http://www.andorracf.com | |||
| |||
Historia
editarEn 1981 eliminou o Real Zaragoza da Copa do Rei cando este era líder da Primeira División Española.
En 2007 o club celebrou o seu 50 aniversario.
En 2011 conseguiu o ascenso a Segunda B gañando ao Noja. O heroe da eliminatoria foi o ex xogador do Real Zaragoza Goran Drulic que meteu os dous goles que lle deron ao Andorra o ascenso. Na seguinte tempada volve descender a Terceira.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas.
- Uniforme reserva: Camiseta negra cunha franxa branca, pantalón e medias laranxas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Juan Antonio Endeiza.
O estadio do Andorra CF foi inaugurado en 1957 e recibe o seu nome de Juan Antonio Endeiza, quen fóra presidente da entidade nos anos 1960. Ten unha capacidade para 3.000 espectadores.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 14
- Tempadas en 3ª: 38 (Incluída a 2012/13)
- Mellor posto na liga: 4º (Segunda división B española tempadas 84-85 e 87-88)
Palmarés
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- Web do Andorra en Futbolme.com