Aroliña
Aroliña | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Gari depressa (Pennant, 1777) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Gari albanyana W. H. Turton, 1932 |
A aroliña (Gari depressa, Pennant 1777; antes Tellina depressa) é un molusco bivalvo da familia dos Psamóbidos (Psammobiidae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
editarSemella unha arola de pequeno tamaño. Presenta unha cuncha sólida algo inequivalva, pois a valva dereita e lixeiramente máis convexa que a valva esquerda. O umbo centrado ou algo atrasado. No extremo posterior as valvas están separadas e o perfil é algo truncado. Non supera os 6,5 cm de eixo maior.
A superficie está marcada por liñas concéntricas que non constitúen verdadeiras costelas, cruzadas por liñas radiais moi finas, algo máis marcadas na parte posterior onde se agrupan semellando costelas. A marxe interior está finamente dentada.
A cor é branca ou crema, con bandas marróns ou púrpuras radiais. O periostraco, marrón escuro ou verdoso. O interior branco e ás veces púrpura, e pode presentar tamén tons alaranxados ou marelos.
Hábitat e bioloxía
editarDistribúese polo Atlántico, desde o mar do Norte ata Cabo Verde, incluíndo o Mediterráneo.
Vive sobre fondos de ares ou grava, na franxa infralitoral ata profundidades de 50 metros.
Só se captura accidentalmente, cando se anda a outras ameixas, coas que se pode comercializar mesturada.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.