Córdoba Club de Fútbol
O Córdoba Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Córdoba, Andalucía. Foi fundado en 1954 e actualmente compite no grupo IV da Segunda División B, logo de descender na tempada 2018–19.
Córdoba | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Córdoba Club de Fútbol, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Blanquiverdes, Cordobesistas | |||
Fundación | 1954 | |||
Estadio | Nuevo Arcángel, Córdoba, España | |||
Inauguración | 1993 | |||
Capacidade | 21.822 | |||
Presidente | Manuel Mosquera | |||
Adestrador | Enrique Martín | |||
Liga | 2ªB - Grupo 4 | |||
2018–19 | 21º (Segunda División) | |||
Na rede | ||||
http://www.cordobacf.com/ | ||||
| ||||
O seu maior logro foi o seu primeiro ascenso a Primeira División na tempada 1961–62. O club xogou 7 tempadas consecutivas na máxima categoría e acadou o quinto posto na 1964–65. Despois do seu descenso xogou dúas tempadas máis en Primeira, a 1971–72 e 2014–15.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta verdibranca, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta granate, pantalón granate e medias granates.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Nuevo Arcángel.
Ten capacidade para 21.822 persoas.
Xogadores
editar- Categoría principal: Xogadores do Córdoba CF.
Cadro actual
editar- Datos do 30 de xaneiro de 2015
|
|
Himno
editarO club contaba cun himno ata que en 1993 cambiouse polo que chegou case ata a actualidade. En 2004, polo cincuentenario do club, o cantante, compositor e produtor musical Manuel Ruiz Queco creou o actual himno en varias versións, e este quedou como oficial do equipo.
Existen tres versións: a Solemne, a Coral, cantada por varios cantantes e grupos cordobeses e unha interpretada cun Chelo utilizada para os minutos de silencio.
Datos do club
editarPalmarés
editar- Segunda División (1): 1961−62
- Segunda División B (2): 1994−95, 1996−97
- Terceira División (1): 1955−56
- Subcampión de Segunda División (1): 1959−60
- Subcampión de Segunda División B (1): 1980−81
- Subcampión de Terceira División (1): 1984−85