[go: nahoru, domu]

Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006

O Campionato mundial de baloncesto de 2006 (tamén chamado Mundobasket 2006) disputouse no Xapón entre o 19 de agosto e o 3 de setembro de 2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende o campionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de Baloncesto de 2006
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Baloncesto Editar o valor en Wikidata
LemaOne world, one title Editar o valor en Wikidata
MascotaBad Badtz-maru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísXapón Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo19 de agosto de 2006 – 3 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Número de edición15  (2006) Editar o valor en Wikidata
Competición

primeiro posto España (1º)
segundo posto Grècia
terceiro posto Estados Unidos de América
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos80 Editar o valor en Wikidata
Puntos por partidoYao Ming
Xogador máis valiosoPau Gasol Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfiba2006.com Editar o valor en Wikidata

2010Editar o valor en Wikidata
A selección española posa para a súa primeira foto oficial como Campións do Mundo.

Os organizadores son a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Asociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e o Comité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.

O título foi gañado por España, que derrotou na final a Grecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada por Estados Unidos tras derrotar a Arxentina na final de consolación por 96-81.

 
Saitama Super Arena, sede da rolda final.
Grupo Cidade Cancha Capacidade
A Sendai Sendai Gymnasium 6.100
B Hiroxima Hiroshima Green Arena 6.900
C Hamamatsu Hamamatsu Arena 5.100
D Sapporo Hokkaido Prefectural Sports Center (KITAYELL) 6.400
Rolda Final Saitama Saitama Super Arena 21.000

O contexto do campionato

editar

Contexto deportivo e local

editar

Este campionato do mundo disputouse dous meses despois da Copa do Mundo de fútbol de Alemaña, que tivo un seguimento popular moi importante. Foi no Xapón, un país pouco desenvolvido no mundo baloncestístico, pero que desexa que isto non siga sendo así, como demostra a BJ-League, a súa liga de recente creación. Esta mundial pretende ter un efecto similar ó que tivo a Copa do Mundo de fútbol de 2002 en Corea e o Xapón.

Contexto político

editar

A preparación da selección de Líbano estivo fortemente influída pola actualidade política do momento no seu país, debido ó conflito armado contra Israel.

Nos Balcáns, en xuño de 2006 Montenegro declarou a súa independencia, polo que este campionato era o derradeiro no que o equipo serbomontenegrino ía participar, xa que despois desfíxose en dúas entidades distintas. É importante sinalar que neste mundial a selección de Serbia e Montenegro aínda contaba con xogadores montenegrinos, a pesar que que o logo presente nas camisetas do equipo deixara de se-lo da federación de baloncesto de Serbia e Montenegro para pasar a se-lo escudo de Serbia, aínda que a denominación SCG (de Srbija i Crna Gora) mantívose.

O 28 de agosto[1], a FIBA anunciaba que o 4 de setembro, día seguinte ó remate do campionato, que Montenegro converteríase no seu membro 213 e que Serbia ocuparía o lugar de Serbia e Montenegro.

Contexto baloncestístico

editar

Tódolos equipos chegaron á competición con algo que demostrar. Os Estados Unidos tiñan que recupera-la súa supremacía despois das decepcións sufridas no Mundial de 2002 e nos Xogos Olímpicos de 2004. Para iso contaba coa suposta xeración dourada, a do Draft da NBA de 2003 (Wade, James, Hinrich, Anthony, Bosh...), que sería adestrada polo mítico Mike Kryzewski.

Arxentina tiña que confirmar que era nese momento a mellor selección do mundo despois da súa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 sabendo xa que era unha das derradeiras oportunidades de facelo, xa que o relevo xeracional estaba ás portas[2]. Xusto na situación contraria atopábase a selección de Serbia e Montenegro, que presentaba un equipo cunha media de idade reducida, e cheo do que probabelmente serán futuros NBA, pero que fixo unha actuación desastrosa no Eurobasket 2005 na casa.

Grecia tiña que confirmar o seu status de campión de Europa cun xogo radicalmente diferente ó de seleccións como a alemá ou a francesa, que tamén amosaron ter unha grande ambición, e que estaban encabezadas por xogadores NBA como Dirk Nowitzky ou Boris Diaw.

Sexa como fora, as lesións de último minuto trocarían lixeiramente os cadros de xogadores antes do inicio do Mundial, destacando as ausencias de Tony Parker (Francia - fractura[3]), de Gilbert Arenas (Estados Unidos - problemas físicos[4]) e de Boniface N’Dong (Senegal - lesión[5]).

Sobre o campionato

editar
 
As mascotas nun dos descansos.

As mascotas

editar

BAD BADTZ-MARU, un pingüino que odia perder, foi elixido como mascota deste campionato. El e a súa pandilla son os personaxes dunha serie de debuxos animados de moito éxito no Xapón. Isto foi posíbel grazas a un acordo entre a propia FIBA e a produtora Sanrio Co., Ltd. & Sanrio Far East Company, Ltd..[6]

As animadoras

editar

Os equipos de animadoras encargadas de anima-los descansos e tempos mortos dos partidos disputados en Saitama foron as Red Foxes, de Rusia, e as Euro Dancers, de Lituania aínda que animan nos partidos na casa do CSKA de Moscova.

Os patrocinadores

editar

Seis patrocinadores norteamericanos e europeos son propios da FIBA, mentres que outros oito son propios da competición en si, que son case todos de países asiáticos, maioritariamente do Xapón.

Os autocolantes e o lema

editar

O lema ilustra a situación das forzas presentes, fai tempo inmersas nunhas épocas de dominación do mundial por diferentes seleccións (URSS, Iugoslavia ou EEUU) que agora están superadas. O lema di: One world, one title, que traducido ó galego significa Un mundo, un título.

O autocolante mostra uns xogadores de baloncesto practicando o desporte no Monte Fuji, aparecendo en primeiro plano un loitador de sumo con actitude agresiva, suxeitando nunha man un dos balóns oficiais do torneo. A parte inferior do autocolante imita ós das grandes producións cinematográficas presentando unha pequena lista de xogadores ó estilo das presentación dos actores e actrices nos autocolantes das películas[7].

Cobertura televisiva

editar

Esta competición foi televisada na meirande parte dos países, aínda que non sempre fora nas televisións públicas. En España, por exemplo, foi retransmitida por unha cadena de nova creación que aínda non tiña cobertura en todo o territorio, laSexta[8], sendo os principáis comentaristas Andrés Montes, Juanma Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. En Estados Unidos, onde a xente non estivo moi interesada nesta competición, foi a ESPN quen emitiu os partidos da selección americana e uns poucos máis.

A campaña Clean Game

editar

De acordo co Comité Olímpico Internacional e coa Axencia Mundial Antidopaxe, a FIBA quiso proporcionarlle a este torneo o espírito da loita contra o dopaxe no deporte coa campaña Clean Game (Xogo Limpo na súa tradución ó galego). Dándolle un aspecto máis oficial que as precedentes intervencións neste asunto, a campaña foi asociada a un logo[9] para así consolida-la imaxe e importancia da campaña entre os afeccionados ó baloncesto. Algúns xogadores (en concreto ós xogadores angoleños no partido Francia - Angola) incluso colgaron unha camiseta laranxa co logo co obxectivo de amosar ós ollos do mundo a importancia deste movemento.

Proceso de cualificación

editar

Para o campionato estaban clasificados de forma automática Xapón e Arxentina, actual campión olímpico.

No proceso de cualificación para o Campionato mundial de baloncesto inscribíronse 56 seleccións (12 de África, 10 de América, 16 de Asia, 16 de Europa e 2 de Oceanía).

Cada zona continental realizou as súas eliminatorias:

Catro seleccións participan por invitación do Corpo Central da FIBA, a decisión foi tomada en novembro do 2005.

O criterio para decidi-la invitación foi:

  1. Que o equipo participara na eliminatoria da súa zona FIBA.
  2. Poden estar como máximo tres equipos por zona FIBA.

Países participantes

editar
 
Situación dos países cualificados para o campionato.
Equipo Participacións previas
Total Consecutivas Última
  Alemaña 4 2 2002
  Angola 5 2 2002
  Arxentina Campión Mundial 1950  11 6 2002
  Australia 9 9 2002
  Brasil Campión Mundial 1959  Campión Mundial 1963  15 15 2002
  China 7 2 2002
  Eslovenia 1 1 -
  España 9 7 2002
  Estados Unidos Campión Mundial 1954  Campión Mundial 1986  Campión Mundial 1994  15 15 2002
  Francia 5 1 1986
  Grecia 5 1 1998
  Italia 8 1 1998
  Xapón 4 1 1998
  Líbano 2 2 2002
  Lituania 2 1 1998
  Nixeria 2 1 1998
  Nova Zelandia 3 2 2002
  Panamá 4 1 1986
  Porto Rico 11 6 2002
  Qatar 1 1 -
  Senegal 3 1 1998
  Serbia e Montenegro* Campión Mundial 1970  Campión Mundial 1978  Campión Mundial 1990  Campión Mundial 1998  Campión Mundial 2002  13 3 2002
  Turquía 2 2 2002
  Venezuela 3 2 2002

*: Herda os números de Iugoslavia

África América Asia Europa Oceanía

  Angola
  Nixeria
  Senegal

  Arxentina
  Brasil
  Estados Unidos
  Panamá
  Porto Rico
  Venezuela

  China
  Xapón
  Líbano
  Qatar

  Alemaña
  Eslovenia
  España
  Francia
  Grecia
  Italia
  Lituania
  Serbia e Montenegro
  Turquía

  Australia
  Nova Zelandia

Formato da competición

editar

Na Rolda Preliminar divídense as 24 seleccións cualificadas en 4 grupos de 6 equipos, onde xogarán todos contra todos. Ó remate das cinco datas os primeiros catro equipos clasificados acadarán a Rolda Final.

Na Segunda Rolda serán eliminatorias a un só partido, acadando a seguinte rolda o equipo que consiga a vitoria, ata obte-lo campión do torneo.

Os equipo eliminados nos Cuartos de Final disputarán a Rolda de Cualificación para defini-la súa posición final no torneo.

Grupos

editar
Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D
  Nixeria   Panamá   Qatar   Senegal
  Líbano   Nova Zelandia   Australia   Estados Unidos
  Arxentina   Alemaña   Turquía   China
  Francia   Xapón   Lituania   Italia
  Venezuela   España   Brasil   Porto Rico
  Serbia e Montenegro   Angola   Grecia   Eslovenia

Cadros de xogadores

editar

Os cadros de xogadores dos 24 países participantes inclúen en total 288 xogadores.

Árbitros

editar

Para o Campionato Mundial, a FIBA elixiu 40 árbitros profesionáis.

  • Xapón  Aibara, Nobuyasu
  • Turquía  Ankarali, Recep
  • España  Arteaga, Juan
  • Irán  Avanessian, Heros
  • Australia  Aylen, Michael
  • Israel  Bachar, Shmuel
  • Serbia e Montenegro  Belosević, Ilija
  • Lituania  Brazauskas, Romualdas
  • Australia  Butler, Scott Jason
  • Porto Rico  Carrión, José Aníbal
  • Italia  Cerebuch, Guerrino
  • Arxentina  Chiti, Alejandro César
  • Marrocos  Chlif, Abdellilah
  • Venezuela  Delgado Casadiego, Daniel Alfredo
  • Lituania  Dovidavicius, Virginijus
  • Arxentina  Estévez, Pablo Alberto
  • Italia  Facchini, Fabio
  • Xapón  Hirahara, Yuji
  • Canadá  Homsy, Mike Amir
  • Serbia e Montenegro  Jovčić, Milivoje
  • Finlandia  Jungebrand, Carl
  • Brasil  Maranho, Cristiano Jesus
  • España  Martín , José
  • Rep. Dominicana  Mercedes Sánchez, Reynaldo Antonio
  • Xapón  Miyatake, Yosuke
  • Estados Unidos  Moore, Terry Matthew
  • Mozambique  Muhimua Joao, Abreu
  • Croacia  Muhvić, Dubravko
  • Líbano  Noujaim, Rabah
  • Eslovenia  Pukl, Saša
  • Estados Unidos  Rush, Eddie Fernanzo
  • Ucraína  Ryzhyk, Borys
  • Angola  Simao, Domingos Francisco
  • Eslovaquia  Sudek, Petr
  • Uruguai  Trías Iglesias, Álvaro Darío
  • Porto Rico  Vázquez, Jorge
  • Francia  Viator, Eddie
  • Grecia  Voreadis, Lazaros
  • China  Yang, Maogong
  • Grecia  Zavlanos, Nikolaos

Rolda preliminar

editar

Este campionato do mundo arrancou coa derrota lóxica do país anfitrión, Xapón, contra Alemaña, e cunha nova extradeportiva, o anuncio da suspensión por tres partidos do xogador neozelandés Mark Dickel, despois de dar positivo nun control antidopaxe por consumo de marihuana[10].

A primeira rolda do campionato caracterizouse principalmente pola igualdade presente na maior parte dos grupos, motivada polas grandes sorpresas que seleccións como Líbano (non espérábase dela ningunha vitoria e gañoulle a Francia dun punto e a Venezuela, loitando pola clasificación a oitavos de final ata a derradeira xornada e quedándose fóra por perder contra os seus rivais directos na táboa de cualificacións), e Nixeria no grupo A (gañoulle a Serbia e Montenegro na primeira xornada e acadou o pase coma terceira de grupo por enriba desta selección), ou Angola no grupo B (que conseguiu pasar coma terceira de grupo trala súa derrota contra a Alemaña de Dirk Nowitzky tras tres tempos extras no mellor partido visto na rolda preliminar).

Nesta rolda previa destaca tamén o pouco acerto xeral que as seleccións tiveron dende a liña de tiros libres, tendo tódalas selección porcentaxes baixos, sendo o da China o mellor cun 81.5%. Nas outras estatísticas de equipo, a selección estadounidense álzase co título de máximo anotador con 108.6 puntos por partido. En tiros de dous puntos a mellor porcentaxe é a de España, cun 59.9%, en triplas é de Porto Rico cun asombroso 51.0%.

No que a estatísticas individuais se refire, Yao Ming foi o máximo anotador da rolda preliminar con 28.4 puntos por partido.

Os mellores equipos da rolda preliminar foron a Arxentina, Grecia, España e os Estados Unidos, únicos equipos invictos, e os peores foron Qatar, o Senegal e Panamá, que non lograron inaugura-lo seu palmarés de vitorias.

Grupo A (Sendai)

editar
Equipo Pts G P PF PC Dif
1.   Arxentina 10 5 0 464 339 +125
2.   Francia 8 3 2 353 329 +24
3.   Nixeria 7 2 3 371 393 -22
4.   Serbia e Montenegro 7 2 3 409 352 +57
5.   Líbano 7 2 3 357 451 -94
6.   Venezuela 6 1 4 336 426 -90
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 13:00   Venezuela -   Líbano 72 - 82
19.08.06 16:00   Serbia e Montenegro -   Nixeria 75 - 82
19.08.06 19:00   Arxentina -   Francia 80 - 70
20.08.06 13:00   Nixeria -   Venezuela 77 - 84
20.08.06 16:00   Líbano -   Arxentina 72 - 107
20.08.06 19:00   Francia -   Serbia e Montenegro 65 - 61
21.08.06 13:00   Arxentina -   Venezuela 96 - 54
21.08.06 16:00   Serbia e Montenegro -   Líbano 104 - 57
21.08.06 19:00   Francia -   Nixeria 64 - 53
23.08.06 13:00   Nixeria -   Arxentina 64 - 98
23.08.06 16:00   Venezuela -   Serbia e Montenegro 65 - 90
23.08.06 19:00   Líbano -   Francia 74 - 73
24.08.06 13:00   Serbia e Montenegro -   Arxentina 79 - 83
24.08.06 16:00   Líbano -   Nixeria 72 - 95
24.08.06 19:00   Francia -   Venezuela 81 - 61
  • ¹Todos en Sendai
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Equipo Pts G P PF PC Dif
1.   España 10 5 0 476 336 +140
2.   Alemaña 9 4 1 421 384 +37
3.   Angola 8 3 2 451 406 +45
4.   Nova Zelandia 7 2 3 345 393 -48
5.   Xapón 5 1 4 322 393 -71
6.  Panamá 5 0 5 326 429 -103
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 13:00   Alemaña -   Xapón 81 - 70
19.08.06 16:00   Angola -   Panamá 83 - 70
19.08.06 19:00   España -   Nova Zelandia 86 - 70
20.08.06 13:00   Xapón -   Angola 62 - 87
20.08.06 16:00   Nova Zelandia -   Alemaña 56 - 80
20.08.06 19:00   Panamá -   España 57 - 101
21.08.06 13:00   Angola -   Nova Zelandia 95 - 73
21.08.06 16:00   Alemaña -   España 71 - 92
21.08.06 19:00   Xapón -   Panamá 78 – 61
23.08.06 13:00   España -   Angola 93 - 83
23.08.06 16:00   Panamá -   Alemaña 63 - 81
23.08.06 19:00   Nova Zelandia -   Xapón 60 - 57
24.08.06 13:00   Angola -   Alemaña 103 - 108
24.08.06 16:00   Nova Zelandia -   Panamá 86 - 75
24.08.06 19:00   Xapón -   España 55 - 104
  • ¹Todos en Hiroxima
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Equipo Pts G P PF PC Dif
1.   Grecia 10 5 0 404 358 +46
2.   Turquía 9 4 1 370 358 +12
3.   Lituania 8 3 2 413 353 +60
4.   Australia 7 2 3 370 349 +21
5.   Brasil 6 1 4 399 392 +7
6.   Qatar 5 0 5 310 456 -146
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 14:00   Brasil -   Australia 77 - 83
19.08.06 16:30   Grecia -   Qatar 84 - 64
19.08.06 19:30   Turquía -   Lituania 76 - 74
20.08.06 13:30   Qatar -   Brasil 66 - 97
20.08.06 16:30   Australia -   Turquía 68 - 76
20.08.06 19:30   Lituania -   Grecia 76 - 81
22.08.06 13:30   Lituania -   Qatar 106 - 65
22.08.06 16:30   Grecia -   Australia 72 - 69
22.08.06 19:30   Turquía -   Brasil 73 - 71
23.08.06 13:30   Australia -   Lituania 57 - 78
23.08.06 16:30   Qatar -   Turquía 69 - 76
23.08.06 19:30   Brasil -   Grecia 80 - 91
24.08.06 13:30   Australia -   Qatar 93 - 46
24.08.06 16:30   Lituania -   Brasil 79 - 74
24.08.06 19:30   Grecia -   Turquía 76 – 69
  • ¹Todos en Hamamatsu
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Grupo D (Sapporo)

editar
Equipo Pts G P PF PC Dif
1.   Estados Unidos 10 5 0 543 428 +115
2.   Italia 9 4 1 386 367 +19
3.   Eslovenia 7 2 3 434 433 +1
4.   China 7 2 3 424 455 -31
5.   Porto Rico 7 2 3 432 440 -8
6.   Senegal 5 0 5 355 451 -96
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 14:00   Porto Rico -   Estados Unidos 100 - 111
19.08.06 16:30   Eslovenia -   Senegal 96 - 79
19.08.06 19:30   China -   Italia 69 - 84
20.08.06 13:30   Senegal -   Porto Rico 79–88
20.08.06 16:30   Italia -   Eslovenia 80–76
20.08.06 19:30   Estados Unidos -   China 121 - 90
22.08.06 13:30   China -   Porto Rico 87 - 90
22.08.06 16:30   Italia -   Senegal 64 - 58
22.08.06 19:30   Eslovenia -   Estados Unidos 95 - 114
23.08.06 13:30   Senegal -   China 83 - 100
23.08.06 16:30   Porto Rico -   Eslovenia 82 - 90
23.08.06 19:30   Estados Unidos -   Italia 94 - 85
24.08.06 13:30   Eslovenia -   China 77 - 78
24.08.06 16:30   Italia -   Porto Rico 73 - 72
24.08.06 19:30   Estados Unidos -   Senegal 103 – 58
  • ¹Todos en Sapporo
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Rolda final (Saitama)

editar
 
A selección española celebrando o título na cancha.

Nos oitavos de final a lóxica impúxose tendo en conta as actuacións na primeira rolda, exceptuando no partido que enfrontou a Italia contra Lituania, onde a primeira foi eliminada nos derradeiros segundos do encontro (cun gran número de tiros libres lanzados, pero só por tres xogadores diferentes entre ámbalas dúas seleccións).

Nos cuartos de final non houbo esta vez ningunha sorpresa, os catro equipos invictos conseguiron pasar á seguinte eliminatoria. Puido verse xa unha clara separación entre os catro equipos que logo acadarían as semifinais e os outros competidores que tamén tiñan un bo nivel, pero non o suficiente como para poder poñer en apuros ós «cabezas de serie».

Nas semifinais produciuse unha especie de mostra de superioridade de Europa por enriba de América. Grecia deu a primeira sorpresa da xornada ó eliminar o equipo estadounidense, mentres que España eliminaba a Arxentina, anteriores subcampións mundiais e campións olímpicos, nos derradeiros segundo do encontro grazas a un tiro libre de Jose Calderón, que non foi replicado na tripla que lanzou Manu Ginóbili sobre a bucina. A final entre España e Grecia era inédita nun Mundobasket. Sen Pau Gasol, mancado no nocello[11], a selección española comezou o partido dunha maneira fulgurante, deixando rapidamente atrás no marcador á selección grega, que atopábase perdida sen os seus lanzamentos exteriores. No parecía posíbel parar á España, que dominaba tódolos aspectos do xogo, sendo Jorge Garbajosa o seu líder ofensivo. Os gregos, quizais cansados polo seu esforzo nas semifinais, non puideron máis que asistir impotentes á coroación dos españois como novos campións do mundo. Foron recibidos a noite mesma da chegada a España, na Praza de Castela da propia capital, Madrid [12]

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
26 de agosto de 2006 - 10:00            
   Arxentina  79
29 de agosto de 2006 - 19:30
   Nova Zelandia  62  
   Arxentina  83
26 de agosto de 2006 - 17:00
     Turquía  58  
   Turquía  90
1 de setembro de 2006 - 19:30
   Eslovenia  84  
   Arxentina  74
26 de agosto de 2006 - 20:00
     España  75  
   España  87
29 de agosto de 2006 - 16:30
   Serbia e Montenegro  75  
   España  89
26 de agosto de 2006 - 13:00
     Lituania  67  
   Italia  68
3 de setembro de 2006 - 19:30
   Lituania  71  
   España  70
27 de agosto de 2006 - 20:00
     Grecia  47
   Grecia  95
30 de agosto de 2006 - 16:30
   China  64  
   Grecia  73
27 de agosto de 2006 - 17:00
     Francia  56  
   Francia  68
1 de setembro de 2006 - 16:30
   Angola  62  
   Grecia  101
27 de agosto de 2006 - 13:00
     Estados Unidos  95   Terceiro posto
   Estados Unidos  113
30 de agosto de 2006 - 19:30 2 de setembro de 2006 - 19:30
   Australia  73  
   Estados Unidos  85    Arxentina  81
27 de agosto de 2006 - 10:00
     Alemaña  65      Estados Unidos  96
   Alemaña  78
   Nixeria  77  


Rolda de cualificación (5-8)

editar
  Semifinais Final
             
31 de agosto de 2006 - 16:30
   Turquía 95  
   Lituania 84  
 
2 de setembro de 2006 - 16:30
       Turquía 56
     Francia 64
 
 
Sétimo posto
31 de agosto de 2006 - 19:30 3 de setembro de 2006 - 16:30
   Francia 75    Lituania  77
   Alemaña 73      Alemaña  62


  • Todos en Saitama
  • Hora local do Xapón (UTC +9)

Resultados finais

editar
Posición Equipo Vitorias-Derrotas Basketaverage[13]
Finalistas
1     España 9-0 1,3109
2     Grecia 8-1 1,1162
Eliminados en Semifinais
3     Estados Unidos 8-1 1,2367
4   Arxentina 7-2 1,2397
Eliminados en Cuartos de Final
5   Francia 6-3 1,0387
6   Turquía 6-3 0,9940
7   Lituania 5-4 1,1380
8   Alemaña 5-4 1,0530
Eliminados en oitavos de Final
9   Italia 4-2 1,0365
10   Angola 3-3 1,0822
11   Serbia e Montenegro 2-4 1,1025
12   Eslovenia 2-4 0,9904
13   Australia 2-4 0.9589
14   Nixeria 2-4 0,9512
15   China 2-4 0,8873
16   Nova Zelandia 2-4 0,8623
Eliminados en Primeira Rolda
17   Porto Rico 2-3 0,9818
18   Líbano 2-3 0,7915
19   Brasil 1-4 1,0179
20   Xapón 1-4 0,8193
21   Venezuela 1-4 0,7887
22   Senegal 0-5 0,7871
23   Panamá 0-5 0,7599
24   Qatar 0-5 0,6798

Estatísticas

editar

Na primeira rolda

editar
  • Mellor anotador :   Yao Ming - 28,4 puntos por partido
  • Mellor reboteador :   Richard Lugo - 11,4 rebotes por partido
  • Mellor pasador :   Chris Paul - 6,8 asistencias por partido

Os premios individuais

editar

Conclusións do campionato

editar

É a primeira vez que ámbolos dous finalistas chegaban a ese estado do campionato. Pero máis aló diso, o resultado do continente europeo foi moi bo: dous finalistas, seis seleccións de oito nos cuartos de final, unha moi boa impresión técnica e táctica... que incluso suscitou a admiración do adestrador estadounidense. Admiración reforzada polo feito de que só un dos finalistas xogaba na NBA, Jose Manuel Calderón.

 
Unha xogada no Alemaña-Lituania.

Sen o seu mellor xogador, Pau Gasol, España viu o triunfo do seu fabuloso equipo júnior de 1999, a chamada Generación de Oro (Xeración de Ouro en galego): Pau Gasol, Felipe Reyes, Juan Carlos Navarro, José Manuel Calderón, Berni Rodríguez). Trala súa demostración ofensiva contra a selección estadounidense, Grecia e o seu lendario adestrador Panayiótis Giannákis non puido sobrepoñerse á defensa española (31% de posesión). Os estadounidenses e os arxentinos intentaron chegar ós niveis destes dous equipos, facendo así que a opinión xeral fora que ás semifinais chegaron os catro mellores equipos. E é que os arxentinos non foron os que perderon, senón que os españois foron os que acadaron a final nos derradeiros segundos, provocando así a súa inesperada ausencia do podio final. Coa retirada da maioría dos xogadores maiores de trinta anos da selección, o futuro da Albiceleste semella peor. Os Estados Unidos gañaron unha nova medalla, mellorando así o resultado do Mundial de Indianápolis, no que remataron no sexto lugar. O plan de traballo da selección estadounidense está enfocado ós Xogos Olímpicos de 2008 tendo nesta medalla de bronce un bo impulso.

En cabeza das restantes selección rematou Francia, a pesar da ausencia de Tony Parker. Entre os equipos máis mozos da competición, e con moitas esperanzas postas neles, atópanse Turquía (6º) ou Lituania (7º); e incluso Italia (9º), que contou con Marco Belinelli, ou Serbia e Montenegro (11º) teñen ambicións similares con respecto o vindeiro relevo xeracional. Dirk Nowitzki semellou que non liderou todo o que realmente podía á selección alemá (8º), sobre todo nos momentos decisivos.[14].

Os equipos africanos confirmaron a melloría do nivel do seu baloncesto dentro da xerarquía mundial. Angola tardou tres tempos extra en caer derrotada contra os alemáns, e mostrou unha disposición excelente en oitavos de final contra a selección francesa, mentres Nixeria non decepcionaba tampouco, ó derrotar á selección serbomontenegrina na primeira rolda. América, exceptuando a Estados Unidos e Arxentina, está na situación contraria, pasando unha mala época a selección do Brasil, noutra época liderada por Oscar Schmidt, na cola da competición, e a Porto Rico, que sen as súas antigas estrelas Ramón Rivas e Piculín Ortiz quedou tamén na parte baixa, pero un pouco mellor que Panamá. Asia e Oceanía tamén decepcionaron: Australia (a pesar da presenza na selección de Andrew Bogut) e Nova Zelandia tamén fixeron un mal torneo, ó igual que a selección anfitrioa, Xapón, mentres que China seguiu tan débil coma sempre, excepto Yao Ming, e será moi raro que poidansubir ó podio dos Xogos Olímpicos de Pekín.

Para terminar, a arbitraxe non deu para polémicas, o que tamén semella confirmar o progreso do baloncesto FIBA. O público asistente ós partidos comportouse perfectamente, en parte influído pola timidez dos xaponees á hora de animar. Ademais, o interese global dos medios, exceptuando nos Estados Unidos tamén semella aumentar, xa que a web oficial da FIBA, fiba.com Arquivado 04 de novembro de 1996 en Wayback Machine., tivo a mellor progesión na clasificación Alexa do momento.[15].

As consecuencias

editar

A eliminación prematura de certos equipos repercutiu sobre os seus adestradores. Así, Julio Toro[16], seleccionador de Porto Rico, e Ted Baldwin[17], seleccionador de Nova Zelandia dimitiron das súas funcións. Neses días, o presidente de Turquía, Ahmet Necdet Sezer felicitou persoalmente, por vía telefónica, os xogadores da selección turca, sendo esta unha actuación moi diferente á do remate do anterior Eurobasket.

Os xornais españois, malia que a ACB ocupaba un importante lugar nas súas novas, estaban acostumados ós titulares de tema futbolístico, mais fixeron sitio nas súas portadas para o éxito da selección española recollendo, entre outras cousas, a felicitación que o Rei de España lles deu, na que os calificou como "heroes"[18].

Notas e referencias

editar
  1. (en inglés)Artigo na web da FIBA Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  2. Para profundizar: Basket News n°HS 22, p. 20 e 21
  3. (en francés)A nova da lesión de Parker Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  4. (en francés)O anuncio da lesión de Gilbert Arenas Arquivado 24 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
  5. (en francés)A nova da selección senegalesa sobre N'Dong Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  6. (en inglés)Presentación oficial Arquivado 21 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
  7. "O autocolante na web da FIBA". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006. 
  8. (en castelán)Nova no diario 20minutos
  9. "Logo da campaña Clean Game na web da FIBA". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006. 
  10. (en francés)A nova da suspensión de Mark Dickel Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  11. (en castelán)A nova da lesión de Gasol no diario 20minutos
  12. (en castelán)A planificación da noite do recibimento.
  13. O basketaverage é o parámetro que decide no caso de empate.
  14. (en francés)Análise dun experto francés. Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  15. (en inglés) Clasificación Alexa. Arquivado 26 de setembro de 2005 en Wayback Machine.
  16. (en francés)A nova sobre a dimisión de Julio Toro Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  17. (en francés)A nova sobre a dimisión de Ted Baldwin Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  18. (en castelán)A nova no diario deportivo MARCA

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar