Cabo de Cruz, Castro, Boiro
Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, situada no sur do concello de Boiro á beira da ría de Arousa. Nos últimos anos o descenso de poboación foi notable, chegando a ter antes de 1999 un número de habitantes de preto de 3.000[Cómpre referencia].
Cabo de Cruz | |
---|---|
O porto de Cabo de Cruz. | |
Parroquia | Castro |
Concello | Boiro |
Coordenadas | 42°36′55″N 8°53′09″O / 42.61527778, -8.88572778 |
Poboación | 2430 hab. () |
[ editar datos en Wikidata ] |
Monumentos
editarTen dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a Igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.
Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía. Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró. No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Cóengos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVI[1]. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado.
Economía
editarA maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo de Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extracción de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.
O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais do Q de calidade, amais doutras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.
Cultura e deporte
editarNo eido da fotografía destacar a Suso Torrado[2].
Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACT[3] e con diversos premios no seu haber[4]. En fútbol, existe o equipo inicialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a S.D. Valiño - Cabo de Cruz en 1992.
En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Club Morcego[5] e ten títulos como o de subcampión de España en K-1[6].
Festas
editar- Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e que está en fase de recuperación.
- Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades.
- Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro.
- Exaltación do Mexillón: celébrase o 15 de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.
Lugares e parroquias
editarLugares de Castro
editarLugares da parroquia de Castro no concello coruñés de Boiro | |
---|---|
Aldea de Arriba | Banda ó Río | Cabo de Cruz | Cariño | Cesar | Esteiro | Fonte de Mouro | A Pesqueira | Romarís | Xián |
Parroquias de Boiro
editarNotas
editar- ↑ Info sobre a Boiro, revista do IES Espiñeira
- ↑ Suso Torrado: fotógrafo e mitilicultor[Ligazón morta] Entrevista en Certo Xornal
- ↑ Cabo de Cruz márcase como reto seguir na máxima división Arquivado 02 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Nova aparecida no Galicia Hoxe o 3 de xullo de 2007
- ↑ Premios de Club de Remo Cabo de Cruz Arquivado 06 de outubro de 2008 en Wayback Machine., por modalidades
- ↑ Andoni Larrauri brilla en Outes Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Nova aparecida en La Voz de Galicia o 24 de xullo de 2006
- ↑ "Larrauri, un campión crucense". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010.