[go: nahoru, domu]

En informática, unha caché ou memoria de reserva[1] é un conxunto de datos que son unha réplica doutros orixinais, coa propiedade de que os datos orixinais son máis custosos de acceder (normalmente en velocidade) ou de calcular en comparación ao tempo de acceso aos copiados na caché. Noutras palabras, a caché é unha área de almacenamento temporal en onde se copian datos que son lidos frecuentemente. Cando se accede por primeira vez a un dato, faise unha copia na caché; os accesos seguintes realízanse á devandita copia, facendo que o tempo de acceso medio ao dato sexa menor.

Diagrama dunha memoria caché de CPU.

Un caso concreto de uso do termo caché é a zona de memoria de disco denominado caché de disco (disk cache ou cache buffer, en inglés), consistindo en pequenas cantidades de memoria de alta velocidade que adoitan estar integradas nos procesadores, discos duros e outros dispositivos, mellorando o rendemento destes ao permitir un acceso rápido aos datos cos que se está a traballar.

Purgando a caché nunha páxina da Wikipedia en galego.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Caché.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar