Chandebrito, Nigrán
San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 459 habitantes (224 homes e 235 mulleres), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes.
Chandebrito | |
---|---|
Igrexa de San Xosé de Chandebrito. | |
Concello | Nigrán[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′48″N 8°45′33″O / 42.16323333, -8.75923889 |
Poboación | 459 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarÉ a menos poboada do concello de Nigrán e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor, por detrás de Couso (Gondomar).
É rural e interior. Limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).[3]
Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[4]
Patrimonio
editarConsérvanse petróglifos no lugar da Cañoteira e na Gabacha. A igrexa parroquial foi reconstruída no século XVIII.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Chandebrito, Nigrán.
-
Chandebrito dende o adro.
-
Petróglifos da Gabacha.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Localización[Ligazón morta] en Candebrito.org
- ↑ "MIÑOR archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
Lugares e parroquias
editarLugares de Chandebrito
editarLugares da parroquia de Chandebrito no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Igrexa | As Laxes | As Pereiras | Pracíns | O Rabete | As Rozadas | As Tomadas |