[go: nahoru, domu]

China Central Television

canle de televisión estatal da República Popular China

China Central Television (CCTV, 中国中央电视台) é unha cadea de televisión chinesa de titularidade pública administrada pola State Administration of Radio, Film, and Television e que abrangue 19 canles.

Edificio central da CCTV en Beijing

Historia

editar

O 1 de maio de 1958, Peking Television como se denominaba entón, realizou a primeira transmisión experimental e logo do 2 de setembro comezou a emitir regularmente. O 1 de maio de 1978 cambiou o seu nome a CCTV, por entón as emisións comezaban pola tarde e remataban á medianoite. A CCTV ata a década de 1990 seguía as directivas do Departamento de Propaganda do Comité Central do Partido Comunista Chinés para o que se podía emitir e o que non pero a partir de entón establéceronse criterios xerais, ningún programa pode ir contra o comunismo, socialismo, o partido e o goberno nin ser sexualmente explícito[1].

Canles

editar
  1. Kops, M. & Ollig, S. "Internationalization of the Chinese TV Sector", 2007. pp. 33

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Web oficial