[go: nahoru, domu]

Comensalismo (do latín com mensa, 'compartindo a mesa') é unha relación interespecífica entre seres vivos na que un deles sae beneficiado, mentres que o outro nin se beneficia nin se prexudica.

Quenlla e rémoras

Tipos de comensalismo

editar

Comensalismo

editar

O propio termo foi utilizado orixinalmente para describir o uso de restos de comida por parte dun segundo animal, coma no caso dos que seguen aos animais de caza e agardan a que estes rematen de comer para aproveitar a carniza.

Forese

editar

Cando un ser vivo se aproveita doutro para o transporte. Pode ser de carácter temporal ou permanente.

Son exemplos a rémora, que se aproveita da quenlla, ou algúns ácaros, que son transportados sobre os excrementos de insectos.

Inquilinismo

editar

Cando un organismo se hospeda sobre outro. Son exemplos as plantas epífitas que viven sobre as árbores como algunhas orquídeas, ou aves coma o peto real, que habita nos buracos que el mesmo fai nas árbores.

Facilitación

editar

Cando unha especie se beneficia de medrar xunto a outra. Nalgúns casos poden saír beneficiadas ambas as dúas especies.

Tanatocrese

editar

A tanatocrese (do latín tanatos, 'morte'), tamén coñecida coma comensalismo metabiótico, é unha dependencia máis indirecta, na que un dos organismos usa algo do outro, mais faino tras a súa morte. É exemplo disto o caranguexo ermitán, que usa a cuncha dun molusco para defender o seu corpo.