Curlandia
Curlandia (en letón, Kurzeme; en ruso, Курземе; en alemán, Kurland), rexión que constitúe na actualidade a maior parte do oeste de Letonia.
Kurzeme (lv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Páxina web | kurzemesregions.lv | ||||
Situación xeográfica
editarSituada no golfo de Riga, á beira do mar Báltico, ocupa 26.000 km² aproximadamente.
Poboación
editarPoboada orixinariamente por curos (ou kurs) e livonios, na actualidade letóns e lituanos son os principais grupos de poboación. A súa capital histórica foi Mitau (a actual Jelgava).
Historia
editarEn 1048 os dinamarqueses erixiron na zona unha igrexa cristiá, e en 1158 asentáronse comerciantes xermanos. A principios do século XIII o territorio foi tomado por membros da orde militar e relixiosa dos Cabaleiros de Lituania (máis tarde os Cabaleiros da Orde Teutónica).
En 1234 fundouse un bispado que pronto foi incorporado a Lituania, o estado dos Cabaleiros Teutónicos. En 1561, cando a Reforma protestante houbo gando adeptos e tras a derrota dos Cabaleiros Teutónicos polas tropas do tsar Iván IV o Terrible de Rusia (un suceso que levou á disolución da orde), Curlandia converteuse nun ducado baixo control de Polonia.
A rexión caeu baixo influencia rusa a principios do século XVIII cando Ana Ivanovna, tsarina de Rusia entre 1730 e 1740, casou co duque de Curlandia.
Máis tarde, en 1795, tras a terceira partición de Polonia, converteuse en provincia rusa. En 1919 pasou a formar parte do estado independente de Letonia, que entre 1940 e 1991 pertenceu á Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).
Nova Curlandia
editarCurlandia foi o estado máis pequeno e afastado de América que mantivo posesións coloniais neste continente, principalmente na illa de Tobago, entre 1642 e 1689. A colonia, coñecida como Nova Curlandia, foi abandonada finalmente debido aos problemas vividos na Metrópole, polo que desde entón o seu dominio considerouse ligado ao da veciña illa de Trindade.