Diocese católica latina de Tui-Vigo
A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.
dioecesis Tudensis-Vicensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | arquidiocese de Braga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 559.600 (2017) (325,73 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá lingua galega | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.718 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1959 | ||||
Catedral | Catedral de Santa María de Tui Concatedral de Santa María de Vigo | ||||
Páxina web | diocesetuivigo.org | ||||
Territorio
editarDespois do esgazamento da metade sur do seu territorio no século XV, a diocese comprende boa parte das comarcas sur-occidentais de Galicia, concretamente as parroquias existentes entre o río Verdugo, na ría de Vigo, e o río Miño.
A orixinaria sé episcopal é a cidade de Tui, na que se acha a catedral de Santa María, pero desde o ano 1959 comparte a capitalidade eclesiástica coa cidade de Vigo, motivo polo que a diocese pasou a chamarse de Tui-Vigo.
O seu territorio abrangue uns 1.721,4 km² e está subdividido en 276 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados[1]; logo da reestruturación do ano 2016[2][3], que fusionou os arciprestados de Tui e Entenza (Tui-Entenza), Tea e Salvaterra (Tea-Condado), e Vigo-Travesas e Vigo-Polígono (Vigo-Fragoso): A Guarda-Tebra, A Louriña, Miñor, Montes-Mondariz, Redondela-Oitavén, San Martiño, Tea-Condado, Tui-Entenza, Vigo-Casabranca, Vigo-Centro, Vigo-Fragoso, Vigo-Lavadores, Vigo-Santo André e Vigo-Teis.
Historia
editarSegundo a tradición cristiá, a comezos do século I o apóstolo Santiago evanxelizou a cidade de Tui, fundando así a primeira comunidade cristiá que daría pé á diocese e nomeando a santo Epitacio como o seu primeiro bispo. Con todo, ata mediados do século VI non se ten certeza documental plena da existencia da diocese nin dos seus bispos.
A creación da diocese de Tui respondeu posiblemente ao proceso de implantación do cristianismo que a partir do edicto de Milán do ano 313 estaba a se desenvolver no Imperio Romano. As grandes e medianas cidades do Imperio convertéronse axiña en centros que irradiaban as novas crenzas relixiosas e onde se asentaban as primeiras estruturas administrativas eclesiásticas. É deste contexto histórico de onde xorde probablemente a verdadeira creación dun centro eclesiástico administrativo na antiga cidade galaico-romana de Tude, e que finalmente suporá a fundación desta diocese nalgún momento entre os séculos IV e VI.
A primeira nova da existencia da diocese é do no Segundo Concilio de Braga (ano 572) auspiciado polo rei galaico-suevo Miro, onde o primeiro bispo tudense coñecido, Anila, subscribe as actas como Anila Tudensis ecclesiae episcopus his gestis subscripsi. Neste marco histórico oficialízase a demarcación territorial da diocese, que entre os séculos VI e XIV comprendeu os territorios comprendidos entre a ría de Vigo e o río Limia e dende as costas oceánicas ata a serra do Leboreiro.
A causa das vagas normandas e dos conflitos militares co emirato de Córdoba os prelados tudenses víronse obrigados a residiren en Iria Flavia, Labruge (Portugal) e Ribas de Sil. Consta que o rei Ordoño II restaurou a diocese en 915 e aínda foi agregada a Santiago en 1024. Rematada a destrución da sé, o rei García fixo en 1071 a restauración definitiva.
A independencia do condado de Portugal do reino de Galiza a comezos do século XII suporá a división da diocese entre ambos reinos polo río Miño. Finalmente no século XIV prodúcese a esgazadura final da metade sur da diocese debido a que os cóengos e vigairos con xurisdición en Portugal eran favorables á lexitimidade de Urbano VI, mentres que o bispo de Tui, D. Xoán Fernández de Soutomaior, e os capitulares ao norte do río Miño apoiaron a Clemente VII, o papa de Aviñón. No ano 1452, consumouse a ruptura, pois a colexiata de Valença foi adscrita á diocese de Ceuta[Cómpre referencia] e, posteriormente, en 1514, á diocese de Braga, perdendo Tui a zona comprendida entre o río Miño e o Limia.
A cultura liberal e ilustrada, que invadiu Europa no século XIX, tamén tivo a súa repercusión na diocese tudense. E, así, cando en 1813 foron abolidos os señoríos xurisdicionais, o bispo e o cabido víronse obrigados a unha maior concentración na súa misión relixiosa. Tamén a desamortización de Mendizábal (1836) produciu o abandono na diocese de importantes mosteiros, coma o de Santa María de Oia e o de Melón, e a perda de patrimonio artístico e documental.
En 1959 o papa Xoán XXIII pola bula Quemadmodum impiger concédelle a dobre titularidade Tudensis-Vicensis á diocese, elevando a rango de concatedral o templo de Santa María de Vigo e trasladando a esta cidade a sé do bispo e máis a do cabido.
Lista de bispos
editarAs seguintes persoas foron bispos da diocese:[4]
- Santo Epitacio (mencionado en 57)
- Santo Evasio (mencionado en 82)
- Anila (ca. 568 bis ca. 576)
- Neufila (ca. 576–589)
- Gardingo (ca. 585 até ca. 600)
- Anastasio (ca. 628–643)
- Adimiro (ca. 643 até ca. 650)
- Beato (ca. 650 até ca. 656)
- Genetivo (ca. 665 até ca. 681)
- Oppas (ca. 681 até ca. 686)
- Adelfio (ca. 686 até ca. 700)
- Diego (ca. 882 até ca. 906)
- Branderico (ca. 882 até ca. 906)
- Santo Hermoixio (918-925)
- Naustio (ca. 926 até ca. 932)
- Oveco, Eneco ou Diego (ca. 932–936)
- Vimara ou Vimarasio (936 até ca. 948)
- Baltario (ca. 948–951)
- Viliulfo (952–1003, ordenado ca. 970)
- Pelagio
- Afonso I (ca. 1022)
- Sueiro Bermúdez (1022–1024) (tamén bispo de Dumio)
- Gregorio (1069–1072)
- Aderico ou Auderico (1072 até ca. 1098)
- Afonso II ou Alonso (1100–1130)
- Paio Méndez (1130/31–1155/56)
- Isidoro (1156–1167)
- Xoán I (1168–1173)
- Beltrán ou Bertrando (1173/74–1187)
- Pedro (1188–1205)
- Sueiro ou Suario (1206–1215)
- Xoán Pérez (1215–1217)
- Esteban Egea (1218–1239)
- Lucas Tudense (1239–1249)
- Xil Pérez de Cerveira (1250–1274)
- Nuno Pérez (1274–1276/77)
- Fernando Arias (1276/78–1285)
- Xoán Fernández de Soutomaior I (1286–1323)
- Bernardo Guido (1323–1324)
- Simón (1324–1326/27)
- Rodrigo Ibáñez (1326/28–1335)
- García (1337–1348)
- Gómez Prego (1349–1351)
- Joán de Castro (1351–1385)
- Diego Anaia e Maldonado (1385–1390)
- Xoán Ramírez de Guzmán (1391–1394)
- Xoán Fernández de Soutomaior II (1394/95–1423)
- Rodrigo de Torres (1427–1430)
- Henrique Cardenal Guillelmo (1430)
- Xoán de Fernández (1430–1438)
- García Martínez de Vahamonde II (1439–1441)
- Pedro de Silva
- Rodrigo de Vergara (1446–1472)
- Diego de Muros (1471/72–1487)
- Pedro Beltrán (1488–1505)
- Xoán Manso
- Xoán de Sepúlveda (1505–1514) (tamén bispo de Malta)
- Martín Zurbano de Azpeitia (1514–1516)
- Luís Martiano (1517–1521)
- Pedro Gómez Sarmiento de Villandrando (1523–1524) (cardeal, tamén bispo de Badaxoz, Palencia e arcebispo de Santiago de Compostela)
- Pedro González Manso (1524–1525) (tamén bispo de Badaxoz)
- Diego de Avellaneda (1525–1538)
- Sebastián Ramírez de Arellano (1538–1539) (tamén bispo de León)
- Miguel Muñoz (1540–1547) (tamén bispo de Cuenca)
- Juan de San Millán (1547–1564) (tamén bispo de León)
- Diego de Torquemada (1564–1582)
- Bartolomé Molina (1583–1589)
- Bartolomé de la Plaza (1589–1596) (tamén bispo de Valladolid)
- Francisco de Tolosa, O.F.M. (1597–1600)
- Francisco Terrones del Caño (1601–1608) (tamén bispo de León)
- Prudencio Sandoval, O.S.B. (1608–1612) (tamén bispo de Pamplona)
- Juan García Valdemora (1612–1620)
- Juan Martínez de Peralta, O.S.H. (1621–1622) (tamén bispo de Zamora)
- Pedro Herrera Suárez, O.P. (1622–1630) (tamén bispo de Tarazona)
- Pedro Moya Arjona (10-II-1631 até 14-X-1631)
- Diego Vela Becerril (1632–1635) (tamén bispo de Lugo)
- Diego Arce Reinoso (1635–1638) (tamén bispo de Ávila)
- Diego Rueda Rico (1639–1639)
- Antonio Guzmán Cornejo (1640–1642)
- Diego Martínez Zarzosa (1643–1649) (tamén bispo de Cartagena)
- Juan López de Vega (1649–1656)
- Miguel Ferrer (1657/58–1659)
- Juan de Villamar (1660–1666)
- Antonio Fernández del Campo y Angulo (1666–1668)
- Bernardino Lón de la Rocha ou Roca (1668–1673)
- Simón García Pedrejón (1674–1682)
- Alfonso Galaz Torrero (1682–1688)
- Anselmo Gómez de la Torre (1690–1721)
- Fernando Ignacio Arango Queipo, O.S.A. (1721–1745)
- José Larumbe Mallí (1745–1751)
- Juan Manuel Rodríguez Castañón (1752–1769)
- Antonio Fernández Tobar (12-III-1770 até 20-VIII-1770)
- Lucas Ramírez Galán, O.F.M. (1770–1774)
- Domingo Ramón Fernández Angulo (1775–1796)
- Juan García Benito (1797–1822) (nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, renunciou)
- Francisco Javier García Casarrubios y Melgar, O. Cist. (1825–1855)
- Telmo Maceira (1855–1864)
- Ramón García Antón, O.S.H. (1865–1876)
- Juan María Valero y Nacarino (1876–1882) (tamén bispo de Cuenca)
- Fernando Hüe y Gutiérrez (1882–1894)
- Valeriano Menéndez y Conde (1894–1914) (tamén bispo de València)
- Leopoldo Eijo y Garay (1914–1917) (tamén bispo de Vitoria)
- Manuel Lago González (1917–1923) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Manuel María Vidal Boullón (1923–1929)
- Antonio García y García (1930–1938) (tamén bispo de Valladolid)
- Bispos de Tui-Vigo
- José López Ortiz, O.S.A. (10 de xullo de 1944 – 18 de febreiro de 1969, nomeado arcebispo castrense; durante o seu episcopado o nome da diocese cambiou a Tui-Vigo)
- José Delicado Baeza (4 de agosto de 1969 – 18 de abril de 1975, nomeado arcebispo de Valladolid)
- José Cerviño (8 de novembro de 1976 – 7 de xuño de 1996, retirado)
- Xosé Diéguez Reboredo (7 de xuño de 1996 – 28 de xaneiro de 2010, retirado)[5]
- Luís Quinteiro Fiúza (dende o 28 de xaneiro de 2010)[6][7]
Notas
editar- ↑ "Organización Territorial da Diocese de Tui-Vigo". Arquivado dende o orixinal o 13/04/2020. Consultado o 15/12/2019.
- ↑ "Decreto de fusión de arciprestazgos en Tea-Condado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-04-2020. Consultado o 15/12/19.
- ↑ "La Diócesis de Tui-Vigo unifica arciprestazgos para "facilitar" la labor pastoral". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-12-15.
- ↑ "Episcopoloxio da Diocese de Tui-Vigo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- ↑ "El Papa nombra obispo de Tui-Vigo al hasta ahora responsable del Obispado ourensano". Atlántico (en castelán). 2010-01-29. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "Luis Quintero Fiuza, nombrado obispo de Tui-Vigo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 12/04/2019.
- ↑ "Mons. D. Luis Quinteiro Fiuza ha sido nombrado Obispo de Tui-Vigo". Conferencia Episcopal Española (en castelán). 2010-01-28. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-07.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diocese católica latina de Tui-Vigo |
Bibliografía
editar- Sandoval, Prudencio de (1610). Fructuoso Lourenço de Basto, ed. Antigvedad de la civdad, y Iglesia cathedral de Tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella (en castelán). Braga.
- Avila y La Cueva, Francisco (edición facsímile 1995). Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Tomo IV (Os Bispo de Tui). Santiago: Consello da Cultura Galega. p. 416. ISBN 84-87172-02-4.
- "Díctica de los obispos de la Santa Iglesia de Tuy" Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en Galicia Diplomática, 1892.
- Torrado Gándara, Lorena (2016). El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade da Coruña.