[go: nahoru, domu]

Dorsal mesoatlántica

A dorsal mesoatlántica ou dorsal do Atlántico é unha dorsal oceánica que se atopa no océano Atlántico e constitúe un límite diverxente ou constructivo entre placas tectónicas, estendéndose por todo o seu fondo ao longo do océano Atlántico. No Atlántico Norte separa as placas euroasiática e norteamericana, mentres que no Atlántico Sur separa as placas africana e suramericana.[1]

Mapa da dorsal mesoatlántica.

Esténdese dende os 87°N (uns 333 quilómetros ao sur do Polo Norte) ata a illa Bouvet, 1700 quilómetros ao norte da Antártida onde se transforma na dorsal atlántica-índica onde continúa cara ao leste. A esa altura ábrese cara ao oeste para formar a dorsal escocesa. Ao norte de Islandia, a cadea continúa o seu camiño cara ao océano Ártico. Chegando ó Ecuador, a cordilleira queda dividida en norte e sur pola fosa romanche, a cal chega a acadar os 7.800 metros de profundidade. En varios puntos, a altura das montañas supera o nivel do mar, formando illas.

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 228, 231–3. ISBN 84-282-0770-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar