ESO 350-40
ESO 350-40 ou tamén coñecida coma a galaxia Roda do Carro é unha galaxia lenticular e tamén unha galaxia anular que está a uns 500 millóns de anos luz de distancia, na constelación de Sculptor. Estimase que ten 150.000 anos luz de diámetro, ten unha masa de aproximadamente 2.9–4.8 × 109 masas solares, e xira a 217 km/s.[3]
ESO 350-40 | |
---|---|
Foto da galaxia Roda do Carro vista polo Telescopio espacial James Webb | |
Tipo e posición | |
Época= X.2000 | |
Tipo | S pec (Ring)[1] |
Constelación de | Sculptor |
Ascensión recta | 00h 37m 41.1s[1] |
Declinación | -33° 42′ 59″[1] |
Características | |
Distancia | 500 MAl (150 Mpc) [2] |
Corremento cara ó vermello | 9050 ± 3 km/s[1] |
Tamaño angular | 1′,1 × 0″,9[1] |
Magnitude aparente | 15,2[1] |
Outras designacións | |
Galaxia Roda do Carro, MCG-06-02-022a,[1] PGC 2248[1] |
Foi descuberta por Fritz Zwicky en 1941.[4] Zwicky considerou o seu descubrimento coma unha das estruturas máis complexas que agarda a explicación da súa formación en base as dinámicas estelares.[4][5] Unha estimación da extensión da galaxia deu coma conclusión un valor de 150.000 anos luz, o cal é lixeiramente maior cá extensión da Vía Láctea.[6]
Estruturas
editarA galaxia amosa raios (da roda) ópticos e outros sen emisións térmicas, pero ambos tipos de raios non son coincidentes.[7]
Evolución
editarA galaxia foi unha vez unha galaxia espiral normal antes que aparentemente sufrirá unha colisión frontal cunha compañeira pequena, hai aproximadamente 200 millóns de anos (é dicir, 200 millóns anos antes da imaxe).[3][8]
Cando a galaxia veciña pasou pola galaxia Roda do Carro, a forza da colisión provocou unha poderosa onda de choque a través da galaxia, como unha pedra que é lanzada nunha capa de area. Movéndose a gran velocidade, a onda de choque varreu o gas e o po, creando estoupido ó redor da parte central da galaxia que permaneceu ilesa. Isto explica a formación do anel azulado e que sexa a parte máis brillante desta galaxia.[9] Pódese ver coma a galaxia está retomando a forma normal dunha galaxia en espiral, cos brazos abríndose a partir do núcleo central.[8]
Por outra banda, un modelo baseado na inestabilidade gravitacional de Jeans, tanto das perturbacións gravitacionais de pequena amplitude con eixes simétricos (radiais) e con eixes non simétricos (en espiral), permite unha asociación entre aglomerados de crecemento de materia e as ondas con eixes simétricos e con eixes non simétricos gravitacionalmente inestables, que asumen a aparencia dun anel e duns raios.[5]
Fonte de raios X
editarA forma irregular da galaxia puido ser debida a unha colisión cunha galaxia máis pequena, como aquelas na parte inferior esquerda da imaxe. O evento máis recente de nacementos de estrelas (formación de estrelas debido as ondas de compresión) iluminou o bordo da roda, que ten un diámetro maior cá Vía Láctea. A formación de estrelas a través de galaxias con nacementos estelares, coma ESO 350-40, da coma resultado a formación de estrelas grandes e moi luminosas. Cando as estrelas masivas explotan como supernovas, deixan atrás as estrelas de neutróns e buratos negros. Algunhas destas estrelas de neutróns e buratos negros teñen estrelas compañeiras próximas, e tórnanse nunhas poderosas fontes de raios X xa que extraen materia das súas compañeiras (tamén coñecidas como fontes de raios X ultra e hiperluminosas).[10] As fontes de raios X máis brillantes son probablemente buracos negros con estrelas compañeiras, e aparecen como os puntos brancos que se atopan ó longo do bordo da imaxe de raios-X. A galaxia contén un número excepcionalmente grande desas fontes de raios X que son buratos negros binarios, porque moitas desas estrelas masivas que citabamos anteriormente, formáronse no anel.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for Cartwheel Galaxy. Consultado o 25-12-2006.
- ↑ Patrick Moore (2000). CRC Press, ed. The Data Book of Astronomy. p. 318. ISBN 0-7503-0620-3.
- ↑ 3,0 3,1 Amram P, Mendes de Oliveira C, Boulesteix J, Balkowski C (Febreiro de 1998). "The Hα kinematic of the Cartwheel galaxy". Astron Astrophys. 330: 881–93. Bibcode:1998A&A...330..881A.
- ↑ 4,0 4,1 Zwicky F (1941). California Institute of Technology, ed. in Theodore van Karman Anniversary volume Contribution to Applied Mechanics and Related Subjects. Pasadena. p. 137.
- ↑ 5,0 5,1 Griv E (Outubro do 2005). "Origin of the Cartwheel Galaxy: disk instability?" (PDF). Astrophys Space Sci. 299 (4): 371–85. Bibcode:2005Ap&SS.299..371G.
- ↑ Amazing Space, ed. (2008). "Amazing Space- Fast Facts: Cartwheel Galaxy". Consultado o 03-07-2009.[Ligazón morta]
- ↑ Mayya YD e o su equipo. (2005). "The Discovery of Spiral Arms in the Starburst Galaxy M82". Ap J. 628 (1): L33. Bibcode:2005ApJ...628L..33M. arXiv:astro-ph/0506275. doi:10.1086/432644.
- ↑ 8,0 8,1 College of Southern Nevada (ed.). "Cartwheel Galaxy". Consultado o 03-07-2009.
- ↑ Jane Platt (November 1, 2006). NASA, ed. "Cartwheel Galaxy Makes Waves in New NASA Image". Arquivado dende o orixinal o 14-07-2014. Consultado o 15-05-2009.
- ↑ Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics, ed. (22-01-2009). "The Cartwheel Galaxy - Introduction". Consultado o 29-07-2013.