Elche Club de Fútbol
O Elche Club de Fútbol, S.A.D.[1] (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol español con sede social na cidade de Elx (Alacant). Actualmente compite na Primeira División tras ascender na tempada 2019-20.
Elche | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Elche Club de Fútbol, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Franjiverdes Ilicitanos | |||
Fundación | 1923 | |||
Estadio | Martínez Valero, Elx, España | |||
Inauguración | 1976 | |||
Capacidade | 39.750 | |||
Propietario | Christian Bragarnik | |||
Presidente | Joaquín Buitrago Marhuenda | |||
Adestrador | Eder Sarabia | |||
Liga | Primeira División | |||
2021–22 | Primeira División, 13.º de 20 | |||
Na rede | ||||
Sitio web oficial | ||||
| ||||
Historia
editarO Elche Football Club foi fundado en 1922, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958–59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968-69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.
Uniforme
editar- Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas.
- Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Martínez Valero.
O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.
O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.[2]
O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 22 (Incluída a 2020/21)
- Mellor posto: 5º (tempada 1963-64)
- Tempadas en 2ª: 37
- Mellor posto: 1º (tempadas 1958-59 e 2012-13)
- Tempadas en 2ªB: 7
- Mellor posto: 2º (tempada 1996-97)
- Tempadas en 3ª: 19
- Mellor posto: 1º (tempada 1957-58)
- Posto na Clasificación histórica de Primeira división: 23º
Denominacións
editarXogadores
editar- Categoría principal: Xogadores do Elche CF.
Cadro actual
editarDatos do 31 de xaneiro de 2014
|
|
Cedidos
editar
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División (2): 1958−59, 2012−13
- Terceira División (7): 1940−41, 1943−44, 1944−45, 1947−48, 1954−55, 1956−57, 1957−58
- Subcampión da Copa do Xeneralísimo (1): 1968−69
- Subcampión da Copa RFEF (1): 1999−00
- Subcampión da Segunda División (2): 1972−73, 1987−88
- Subcampión da Segunda División B (1): 1996−97
- Subcampión da Terceira División (6): 1929−30, 1932−33, 1933−34, 1945−46, 1946−47, 1948−49
Torneos amigables
editar- Trofeo Festa d'Elx (25): 1961, 1962, 1963, 1965, 1968, 1972, 1973, 1976, 1977, 1978, 1980, 1981, 1982, 1987, 1988, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2005, 2006, 2009
- Trofeo Carabela de Plata (2): 1999, 2007
- Trofeo Ciudad de Alcoy (1): 2008
- Trofeo Puma (1): 2009
- Trofeo Concepción Arenal (1): 1978
Distincións especiais
editar- Trofeo Antuerpen[3] (1): 1966-67
Filial
editar- Artigo principal: Elche Club de Fútbol Ilicitano.
O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.[4]
Notas
editar- ↑ "Historia. Os anos máis amargos". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Instalacións. Estadio Martínez Valero". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010.
- ↑ Trofeo "ó club que máis e mellor coida e promociona a súa canteira".
- ↑ "Federación Valenciana de Fútbol. Competicións". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Elche Club de Fútbol |