Espáridos
Os Espáridos (Sparidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Comprende algunhas especies de grande interese comercial, como o ollomol, a dourada, o sargo ou a boga.
Características
editarPresentan un corpo fusiforme, alto, comprimido lateralmente, cuberto de fortes escamas ctenoides ou cicloides ben desenvolvidas. Liña lateral ben aparente. Ollos grandes e boca pequena.
Posúen unha aleta dorsal continua, formada por dos partes dunha mesma lonxitude, a primeira con 10-13 espiñas e a segunda con 10-15 radios brandos. A anal, con 3 espiñas e 8-14 radios brandos. Pectoriais grandes e ventrais en posición torácica, cunha espiña e 5 radios brandos. Caudal escotada ou bifurcada.
Son omnívoros e viven no litoral, entre as pedras e prados de Posidonia. Habitan as augas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, se ben algunhas especies penetran nos estuarios e zonas costeiras.
Son hermafroditas con alternancia de sexo ó longo da súa vida: nunhas especies son primeiro femias e convértense en machos e noutras son primeiro machos e rematan como femias.
Clasificación
editarComprende 37 xéneros e 125 especies:
- Acanthopagrus
- Allotaius
- Archosargus
- Argyrops
- Argyrozona
- Boops
- Boopsoidea
- Calamus
- Cheimerius
- Chrysoblephus
- Chrysophrys
- Crenidens
- Cymatoceps
- Dentex
- Diplodus
- Evynnis
- Gymnocrotaphus
- Lagodon
- Lithognathus
- Oblada
- Pachymetopon
- Pagellus
- Pagrus
- Parargyrops
- Petrus
- Polyamblyodon
- Polysteganus
- Porcostoma
- Ptreogymnus
- Rhabdosargus
- Sarpa
- Sparidentex
- Sparodon
- Sparus
- Spondyliosoma
- Stenotomus
- Virididentex
Víexase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Espáridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Espáridos |