Equinodermos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Equinodermos Rango fósil: Cámbrico - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equinodermos. Lámina de Ernst Haeckel. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfilos e Clases | |||||||||||
Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).[1] son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600 millóns de anos,[2] e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.[3]
Características
editarEste grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito:
- Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcarios, que aparece recuberto por unha epiderme con cilios.
- O celoma e amplo e complexo e dá lugar ao sistema hemal e ao sistema ambulacral, característicos destes animais.
- Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesoderma derivado do arquéntero e o blastóporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados.
- A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano.
- O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
- O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos.
- Carecen dun aparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor.
- A reprodución é sexual, e son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonodutos simples.
- Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
- As larvas nacen con simetría bilateral que logo nos adultos se transforma en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.
Clasificación
editarFilo Echinodermata
- subfilo Eleutherozoa Bather, 1900
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- clase Asteroidea Blainville, 1830
- clase Somasteroidea Spencer, 1951
- superclase Cryptosyringida Smith, 1984
- clase Echinoidea Leske, 1778
- clase Holothuroidea Blainville, 1834
- clase Ophiuroidea Gray, 1840
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- subfilo Pelmatoza Bather, 1900
- clase Crinoidea Miller, 1821
Filo Echinodermata
- subfilo Asterozoa
- clase Stelleroidea
- subclase Asteroidea
- subclase Ophiuroidea
- clase Stelleroidea
- subfilo Crinozoa
- clase Crinoidea
- subfilo Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
Filo Echinodermata
- sen rango Eleutherozoa
- superclase Asterozoa
- clase Asteroidea
- clase Ophiuroidea
- superclase Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
- superclase Asterozoa
- sen rango Pelmatozoa
- clase Crinoidea
Filoxenia
editarO seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[4][5]
Echinodermata |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ A galeguización do latín científico Echinodermata como equinodermos trátase dunha especie de tradución-adaptación, xa que existe un sinónimo latino Echinoderma, practicamente sen uso, e en todos os idiomas romances utilízanse termos equivalentes a equinodermos. É un caso similar ao de Cyclostomata / Cyclostomi que se adapta como ciclóstomos.
- ↑ Brusca & Brusca (2005).
- ↑ "Animal Diversity Web - Echinodermata". University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 17/01/2013.
- ↑ "Wray, Gregory A. 1999. Echinodermata. Spiny-skinned animals: sea urchins, starfish, and their allies. Version 14 December 1999 (under construction). in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 02 de decembro de 2009. Ligazón externa en
|title=
(Axuda) - ↑ "Univerity of California, Museum of Paleontology - Systematics of the Echinodermata". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Equinodermos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Equinodermos |
Bibliografía
editar- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Animaldiversity (en inglés)
- Proxecto árobore da vida Arquivado 05 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)