Ferrolterra
nidade territorial no ámbito turístico formada por vinte concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Ferrolterra denomina a unidade territorial das terras do norte da provincia da Coruña que abrangue os vinte concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. En certos campos[onde?] engádense algúns concellos do norte da comarca de Betanzos.
O seu uso é común no ámbito turístico, considerándoa coma unha rexión turística que integra tamén o concello de Vilarmaior[1][2]. Turismo de Galicia defínea como un xeodestino[1].
Outros exemplos do seu uso atópanse nos campos da sanidade, da educación, do sector empresarial[3] ou deportivo. Un exemplo deste último eido é a Delegación territorial de Ferrol da Federación Galega de Fútbol[4] que abarca tamén os concellos de Miño e Vilarmaior.
Ás veces confúndese Ferrolterra coa Comarca de Ferrol[5].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Turismo de Galicia (ed.). "Ferrolterra". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ Turismo de Ferrolterra (ed.). "Ferrolterra-Rías Altas". Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Asociación de empresarios de Ferrolterra" (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2020.
- ↑ Real Federación Galega de Fútbol (ed.). "Delegacións Territoriais RFGF". Consultado o 2 de outubro de 2020.
- ↑ DicLib (ed.). "Ferrolterra". Consultado o 1 de outubro de 2020.