Gimnástica Segoviana Club de Fútbol
A Gimnástica Segoviana Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Segovia, en Castela e León. Foi fundado en 1928 e actualmente xoga na Primeira División RFEF.
Gimnástica Segoviana | |||
---|---|---|---|
Nome | Gimnástica Segoviana Club de Fútbol | ||
Fundación | 28 de xuño de 1928 (96 anos) | ||
Estadio | La Albuera, Segovia, España | ||
Inauguración | 1977 | ||
Capacidade | 6.000 | ||
Presidente | Fernando Correa | ||
Adestrador | Santiago Sedano | ||
Liga | 3ª – Grupo 8 | ||
2012–13 | 4º | ||
Na rede | |||
http://www.gimnasticasegoviana.com | |||
| |||
Ata o 7 de abril de 2006 denominouse Sociedad Deportiva Gimnástica Segoviana, pero un Decreto da Xunta de Castela e León obrigou á Asemblea a cambiar a denominación orixinaria do club.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul-semente, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Municipal de La Albuera.
A Gimnástica Segoviana xoga os seus encontros como local no Estadio Municipal de La Albuera. Foi inaugurado o 27 de xuño de 1977, e orixinalmente a súa superficie era de terra, sendo substituída por céspede en 1982. O club xoga os seus encontros en La Albuera desde a tempada 1978/1979. Anteriores estadios do equipo son La Dehesa (ata o 28 de xuño de 1932), Chamberí (ata o 23 de abril de 1944) e Peñascal (ata o 27 de xuño de 1977).
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 2
- Tempadas en 3ª: 46
- Mellor posto na liga: 19º (Segunda división B española tempada 1999-00)
Palmarés
editar- Terceira División Española (2): 2003-04, 2005-06
- Subcampión da Terceira División Española (5): 1997-98, 1998-99, 2001-02, 2006-07, 2007-08