[go: nahoru, domu]

Huanjing

(Redirección desde «HJ 1B»)

Huanjing (medio ambiente), abreviadamente HJ, é o nome dunha serie de satélites artificiais chineses adicados á observación da Terra, para a busca de recursos e apoio en situacións de catástrofe natural. Son operados polo CRESDA (China Centre for Resources Satellite Data and Application).[1][2][3][4][5][6]

HJ 1A e 1B

editar

Os HJ 1A e 1B foron lanzados a bordo do mesmo foguete CZ-2C o 6 de setembro de 2008. Proporcionan imaxes cunha resolución de entre 3 e 100 m rango óptico, co HJ 1A levando ademais unha cámara hiperespectral e o HJ 1B unha cámara no infravermello. O satélite HJ 1A leva tamén a carga SMMS (Small Multi-Mission Satellite), colaboración entre varios países da zona de Asia-Pacífico.[1][3]

HJ 1C é o compoñente de radar do conxunto de satélites HJ 1. O satélite usa un radar en banda S para obter imaxes da superficie terrestre. Despois do lanzamento, o 18 de novembro de 2012 a bordo un CZ-2C, a antena sufriu algún problema, co que a resolución das imaxes era inferior á esperada. Como solución os operadores do satélite baixaron a órbita para obter mellores imaxes.[2][4]

HJ 2A e 2B

editar

HJ 2A e 2B, lanzados o 27 de setembro de 2020 a bordo dun CZ-4B, son satélites ópticos cunha resolución de 16 m en modo multiespectral e 48 m en modo hiperespectral e infravermello. Xunto con Gaofen 1 e Gaofen 6 forman unha constelación coorbital.[5]

HJ 2E e 2F

editar

HJ 2E e 2F, lanzados o primeiro o 13 de outubro de 2022 e o segundo o 8 de agosto de 2023, ambos mediante foguetes CZ-2C, son satélites de radar en banda S para observación terrestre. Poden proporcionar imaxes en radar independentemente do tempo atmosférico con resolucións de entre 3 e 100 m.[6]

Misións FY

editar
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
HJ 1A 6 de setembro de 2008 CZ-2C
HJ 1B 6 de setembro de 2008 CZ-2C
HJ 1C 18 de novembro de 2012 CZ-2C
HJ 2A 27 de setembro de 2020 CZ-4B
HJ 2B 27 de setembro de 2020 CZ-4B
HJ 2E 13 de outubro de 2022 CZ-4B
HJ 2F 8 de agosto de 2023 CZ-2C
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "HJ 1A, 1B" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "HJ 1C" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 1A, 1B (SMMS 1)" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 1C" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 2A, 2B" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 2E, 2F" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar