Hillbilly Elegy (filme)
Hillbilly Elegy é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Ron Howard, a partir dun guión de Vanessa Taylor. Baséase no libro homónimo de J. D. Vance. Está protagonizado por Glenn Close, Amy Adams, Gabriel Basso, Haley Bennett, Freida Pinto, Bo Hopkins e Owen Asztalos, e conta a historia dun estudante de dereito en Yale que debe regresar coa súa familia en Ohio para atender unha emerxencia familiar.
Hillbilly Elegy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hillbilly Elegy |
Director | Ron Howard |
Produtor |
|
Guión | Vanessa Taylor |
Baseado en | Hillbilly Elegy de J. D. Vance |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Maryse Alberti |
Montaxe | James D. Wilcox |
Estudio | Imagine Entertainment |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 11 de novembro de 2020 |
Duración | 115 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 45 millóns de dólares[3] |
Recadación | 38 852 dólares[4] |
Na rede | |
Despois de mercar os dereitos do libro de Vance en 2017, Imagine anunuciou a Howard como director. Netflix adquiriu os dereitos de distribución en xaneiro de 2019, e a maioría do elenco uniuse en abril. A rodaxe produciuse dende xuño até agosto dese mesmo ano en Xeorxia e Ohio.
Hillbilly Elegy estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 11 de novembro de 2020, e dixitalmente a través de Netflix o 24 de novembro. O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica, que criticou o seu guión e narrativa, aínda que as interpretacións do elenco recibiron boas valoracións.
Personaxes
editar- Amy Adams como Beverly "Bev" Vance
- Glenn Close as Bonnie "Mamaw" Vance
- Sunny Mabrey como Bonnie de nova
- Gabriel Basso como J. D. Vance
- Owen Asztalos como J. D. de neno
- Haley Bennett como Lindsay Vance
- Freida Pinto como Usha
- Bo Hopkins como Papaw Vance
Notas
editar- ↑ "Hans Zimmer to Reteam with Ron Howard on ‘Hillbilly Elegy’ | Film Music Reporter". Film Music Reporter. 10 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ Netflix (ed.). "Hillbilly Elegy - Netflix". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ Ed Richter (7 de novembro de 2020). "J.D. Vance on watching Middletown filming of his ‘Hillbilly Elegy’ book: ‘It’s pretty surreal’". Journal-News. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2020.
- ↑ The Numbers (ed.). "Hillbilly Elegy (2020) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Hillbilly Elegy na IMDb (en inglés).