Igrexas en Gotland
Das igrexas da illa sueca de Gotland, 93 (a gran maioría) son medievais. 92 delas están situadas en zonas rurais,[1] estando só a catedral de Visby dentro da cidade amurallada de Visby, a capital e maior poboación da illa. Porén, durante a Idade Media, a cantidade de igrexas foi incluso maior, con 12 en Visby e 4 máis nas zonas rurais. Algunhas destas aínda son visibles como ruínas máis ou menos ben conservadas.[2]
Antecedentes
editarGotland comezou a abandonar gradualmente o paganismo nórdico e a adoptar o cristianismo durante o século XI.[3] As primeiras igrexas en ser construídas na illa foron de madeira, feitas á maneira das stavkirke.[1] Ningunha delas sobreviviu intacta. Os restos mellor conservados, hoxe en día no Museo sueco de historia, son as da stavkirke de Hemse.[2] Descubríronse restos e evidencias arqueolóxicas das primeiras stavkirke en dez sitios diferentes de Gotland. Os restos apuntan a unha decoración artística que lembra á arte viquinga.[4]
As igrexas de pedra comezaron a substituír as de madeira durante o século XII.[1] Esas igrexas eran de estilo románico, con influencias que procedían principalmente da arquitectura danesa e do oeste de Alemaña,[2] aínda que nun número limitado tamén do Imperio Bizantino.[4] De xeito importante, a construción da catedral de Lund, en Escania, estableceu unha fonte de influencias na veciñanza relativa. Do mesmo xeito, o establecemento en 1164 do mosteiro cisterciense de Roma, en Gotland, trouxo importantes influencias cistercienses ao seguinte período de construción de igrexas. Estas igrexas románicas foron ás veces decoradas internamente con frescos. Aquí tamén as influencias veñen máis a miúdo do oeste e do sur, pero ás veces tamén dende Rusia. De xeito semellante, as igrexas foron adornadas con esculturas de pedra,[2] destacando as decoradas pías bautismais. Aquí tamén, as influencias veñen tanto do leste como do oeste, pero os propios escultores parece que eran nativos de Gotland.[4] Finalmente, algunhas igrexas tamén presentan ocasionalmente esculturas de madeira, como cruces triunfais. Estas amosan un estilo occidental máis uniformemente marcado, con influencias de Francia ou o oeste de Alemaña.[2]
Durante o século XIII, iniciáronse traballos de reconstrución en varias desas primeiras igrexas e tamén encargáronse outras novas. Gotland estaba gozando dun período de prosperidade grazas ao aumento do comercio, e, posiblemente, debido ao seu papel de zona de parada para os cruzados que partían cara a costa leste do Báltico.[3] As igrexas fixéronse máis grandes e elaboradas. O estilo comezou a cambiar en favor do gótico, aínda que poucas igrexas en Gotland amosan un estilo gótico pronunciado. As partes máis elaboradas desas igrexas adoitan a ser os portais, principalmente os portais principais orientados cara ao sur.[2] As súas torres son tamén máis altas e elaboradas ca as torres anteriores (sendo a miúdo deseñadas tamén con propósito defensivo). Outra característica típica é o coro cadrado que carece de ábsida e no seu lugar ten un muro oriental recto con tres fiestras.[4] Internamente, os frescos e as esculturas de madeira continuaron a gañar en popularidade, ademais de vidreiras. As influencias artísticas viñeron a través de Visby principalmente dende o oeste de Alemaña. Ao final deste período Gotland entrou nunha etapa de decadencia económica. Tras a peste negra, a invasión da illa por parte de Valdemar IV de Dinamarca e da batalla de Visby (1361), e dun descenso xeral no comercio, moitas igrexas quedaron sen rematar. Polo tanto, varias igrexas de Gotland amosan unha forma peculiar, onde o coro é gótico e desproporcionalmente grande en comparación co resto da igrexa de estilo románico. Neses casos, a reconstrución da igrexa comezou polo coro pero tivo que deterse antes de poder rematarse.[2]
Dende aproximadamente o ano 1400 non se construíron novas igrexas e a actividade de construción relixiosa descendeu drasticamente. Internamente, algunhas igrexas recibiron novos adornos na forma de novos retablos ou frescos durante os séculos XV e XVI. Tras a Reforma, introduciuse un novo tipo de retablos e púlpitos.[2] Eses elementos post-Reforma dos séculos XVII e XVIII están moi ben representados nas igrexas da illa.[1]
A actividade de construción de igrexas en Gotland polo tanto tivo lugar nun período aproximado de 250 anos, dende a redor do ano 1100 ata o 1350. Ata principios do século XIII o ritmo de construción foi comparable ao do resto de Escandinavia. A partir de entón tanto o número como o tamaño das novas igrexas incrementouse de forma significativa, ata que a construción parou completamente ao final da Idade Media.[3]
Só unhas poucas das igrexas construídas en Gotland foron alteradas en boa medida dende o final da Idade Media, algo infrecuente no contexto europeo, xa que as igrexas medievais foron en xeral fortemente reconstruídas ou renovadas durante o século XIX. As igrexas parroquiais medievais de Gotland forman o conxunto de igrexas mellor onservadas de Suecia,[3] e de feito en toda a rexión do Báltico.[5]
Durante o século XX construíronse un pequeno número de igrexas novas, principalmente en Visby. A gran maioría das igrexas de Gotland pertencen á Igrexa luterana de Suecia e á diocese de Visby.
As igrexas
editarA menos que se especifique o contrario, as igrexas de Gotland noméanse pola súa localidade.
A
editarNome | Principal período de construción | Coordenadas | Imaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
Igrexa de Akebäck | 1149 | 57°32′50″N 18°23′32″L / 57.54722, -18.39222 | [6] | ||
Igrexa de Ala | Do século XII ata mediados do XIII | 57°25′08″N 18°38′07″L / 57.41889, -18.63528 | [7] | ||
Igrexa de Alskog | Do século XIII ata ao redor do 1300 | 57°19′53″N 18°37′37″L / 57.33139, -18.62694 | [2] | ||
Igrexa de Alva | Século XII | 57°12′27″N 18°21′41″L / 57.20750, -18.36139 | [8] | ||
Igrexa de Anga | Século XIII | 57°28′49″N 18°42′23″L / 57.48028, -18.70639 | [3] | ||
Igrexa de Ardre | c. 1200 ata c. 1250 | 57°22′46″N 18°41′48″L / 57.37944, -18.69667 | [2] | ||
Igrexa de Atlingbo | Século XIII | 57°28′47″N 18°23′26″L / 57.47972, -18.39056 | [9] |
B-D
editarNome | Principal período de construción | Coordenadas | Imaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
Igrexa de Barlingbo | c. 1225 ata c. 1280 | 57°33′52″N 18°27′47″L / 57.56444, -18.46306 | [2] | ||
Igrexa de Björke | De mediados do s. XIII ata mediados do XIV | 57°30′26″N 18°25′16″L / 57.50722, -18.42111 | [10] | ||
Igrexa de Boge | Século XIII | 57°41′13″N 18°45′46″L / 57.68694, -18.76278 | |||
Igrexa de Bro | c. 1240 ata c. 1300 | 57°40′12″N 18°28′29″L / 57.67000, -18.47472 | [3] | ||
Igrexa de Bunge | Principios do s. XIV | 57°51′13″N 19°01′24″L / 57.85361, -19.02333 | [3] | ||
Igrexa de Burs | Século XIII | 57°14′44″N 18°30′31″L / 57.24556, -18.50861 | |||
Igrexa de Buttle | Século XII | 57°24′09″N 18°31′48″L / 57.40250, -18.53000 | |||
Igrexa de Bäl | Século XIII | 57°38′41″N 18°37′58″L / 57.64472, -18.63278 | |||
Igrexa de Dalhem | Século XIII | 57°33′08″N 18°32′02″L / 57.55222, -18.53389 | Fortemente restaurada 1899-1914 | [3] |
E–F
editarG
editarNome | Principal período de construción | Coordenadas | Imaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
Igrexa de Gammelgarn | Século XIV | 57°24′16″N 18°48′16″L / 57.40444, -18.80444 | Torre defensiva do século XII pegada (na imaxe) | [4] | |
Igrexa de Ganthem | Finais do s. XII ata principios do XIII | 57°30′57″N 18°34′54″L / 57.51583, -18.58167 | [2] | ||
Igrexa de Garde | c. 1130 ata c. 1310 | 57°19′01″N 18°34′55″L / 57.31694, -18.58194 | [3] | ||
Igrexa de Gerum | c. 1200 ata c. 1300 | 57°17′40″N 18°19′46″L / 57.29444, -18.32944 | |||
Capela de Gnisvärd | 1839 | 57°30′26″N 18°06′44″L / 57.50722, -18.11222 | [11] | ||
Igrexa de Gothem | Do s. XIII ata principios do XIV | 57°34′31″N 18°44′06″L / 57.57528, -18.73500 | [3] | ||
Igrexa de Grötlingbo | Primeira metade do s. XIII ata mediados do XIV | 57°08′01″N 18°20′47″L / 57.13361, -18.34639 | [3] | ||
Igrexa de Guldrupe | Finais do século XII | 57°25′49″N 18°25′35″L / 57.43028, -18.42639 | [12] |
H-K
editarL-M
editarN-R
editarNome | Principal período de construción | Coordenadas | Imaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
Igrexa de Norrlanda | Século XIII | 57°30′05″N 18°39′34″L / 57.50139, -18.65944 | |||
Igrexa de När | Século XIII | 57°15′26″N 18°37′30″L / 57.25722, -18.62500 | |||
Igrexa de Näs | Mediados do s. XIII | 57°06′36″N 18°15′44″L / 57.11000, -18.26222 | [2] | ||
Igrexa de Othem | Mediados do s. XIII | 57°44′50″N 18°44′19″L / 57.74722, -18.73861 | [3] | ||
Igrexa pentecostal de Visby | 1988 | 57°37′39″N 18°18′09″L / 57.62750, -18.30250 | Prtencente á igrexa pentecostal | ||
Igrexa de Roma | Século XIII | 57°31′42″N 18°26′31″L / 57.52833, -18.44194 | Non confundir coa abadía de Roma que se atopa nas proximidades | [3] | |
Igrexa de Rone | Século XIII | 57°12′32″N 18°26′28″L / 57.20889, -18.44111 | |||
Igrexa de Rute | Século XIII | 57°50′01″N 18°55′24″L / 57.83361, -18.92333 |
S-T
editarV-Ö
editarNome | Principal período de construción | Coordenadas | Imaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
Igrexa de Vall | Século XIII | 57°31′14″N 18°20′42″L / 57.52056, -18.34500 | [2] | ||
Igrexa de Vallstena | De principios do s. XIII ata c. 1300 | 57°36′35″N 18°38′12″L / 57.60972, -18.63667 | [15] | ||
Igrexa de Vamlingbo | De mediados do s. XIII ata c. 1320 | 56°58′10″N 18°13′49″L / 56.96944, -18.23028 | [3] | ||
Igrexa de Viklau | Século XII | 57°27′56″N 18°27′23″L / 57.46556, -18.45639 | Unha das esculturas medievais suecas máis coñecidas, a Madonna de Viklau, pertencía orixinalmente a esta igrexa (agora atópase no museo sueco de historia) | ||
Igrexa de Visborg | 1969 | 57°37′28″N 18°17′06″L / 57.62444, -18.28500 | |||
Catedral de Visby | Inaugurada en 1225 | 57°38′30″N 18°17′51″L / 57.64167, -18.29750 | Oficialmente catedral de Santa María de Visby (sueco: Visby S:ta Maria domkyrka) | [17] | |
Igrexa católica de Visby | 1982 | 57°38′31″N 18°17′43″L / 57.64194, -18.29528 | Pertencente á Igrexa católica; oficialmente igrexa do Corpo de Cristo | ||
Igrexa de Vårdklockan | 1875 | 57°38′18″N 18°17′44″L / 57.63833, -18.29556 | Pertencente á Igrexa unida de Suecia | ||
Igrexa de Vänge | De c. 1200 ata finais do s. XIII | 57°27′07″N 18°30′41″L / 57.45194, -18.51139 | [15] | ||
Igrexa de Väskinde | De c. 1250 ata c. 1280 | 57°41′26″N 18°25′22″L / 57.69056, -18.42278 | [15] | ||
Igrexa de Västergarn | Mediados do s. XIII | 57°26′27″N 18°09′03″L / 57.44083, -18.15083 | [15] | ||
Igrexa de Västerhejde | Século XIII | 57°34′50″N 18°14′53″L / 57.58056, -18.24806 | [15] | ||
Igrexa de Väte | Século XIV | 57°26′56″N 18°21′50″L / 57.44889, -18.36389 | [18] | ||
Igrexa de Öja | Da primeira metade do s. XIII ata mediados do XIV | 57°02′07″N 18°18′0″L / 57.03528, -18.30000 | Acolle unha famosa cruz triunfal gótica (na imaxe): | ||
Igrexa de Östergarn | Século XIII | 57°25′18″N 18°51′31″L / 57.42167, -18.85861 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lansstyrelsen Gotlands län (ed.). "Kyrkor". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 Lagerlöf, Erland (1973). Uddevalla: Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. ISBN 9129410355.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 Andrén, Anders (2011). Lund: Historiska Media, ed. Det Medeltida Gotland. En arkeologisk guidebok [Medieval Gotland. An archaeological guide book. ISBN 978-91-85873-83-8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof; Hejdström, Raymond (1999). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. ISBN 91-88036-32-4.
- ↑ Hansson, Joakim (2005). "Lost values & unused possibilities in the medieval churches in Gotland" (PDF). Meno istorija ir kritika (MIK). 1/2005: 60–72. ISSN 1822-4547. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016.
- ↑ Svenska kyrkan (ed.). "Akebäck kyrka". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016.
- ↑ Söderberg, Bengt G. (1978). Gotlandskonst, ed. Kyrkorna på Gotland: The churches of Gotland. Visby.
- ↑ Lindgren, Mereth e Karlsson, Lennart (1995). Signum, ed. Signums svenska konsthistoria: Den romanska konsten. Lund. ISBN 91-87896-23-0.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Atlingbo kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Björke kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ guteinfo.com (ed.). "Gnisvärd kapell". Consultado o 25 de agosto de 2016.
- ↑ Riksantikvarieämbetet (ed.). "Guldrupe kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejde kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejnum kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Klarkullens förlag AB, ed. Våra kyrkor. Västervik. ISBN 91-971561-08.
- ↑ Svenska kyrkan (ed.). "Träkumla kyrka". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Svenska kyrkan (ed.). "Historik". Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Väte kyrka". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexas en Gotland |