Illa Manra
Manra | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 4´4 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 4°27′S 171°16′O / -4.450, -171.267 |
Maior Altura | 6 m. |
Localización | |
A Illa Manra (tamén coñecida como Illa Sidney) é unha illa do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. En 1938, foi unha das illas involucradas no plan de colonización británico denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix.
Xeografía
editarA illa ten forma triangular cunha superficie total de 4,4 km ². É un antigo atol coa lagoa interior sen ningunha canle de saída ao mar. Isto fai que a auga se evapore e resulte unha lagoa moi salgada por baixo do nivel do mar, sen vida mariña. Nos arrecifes, en cambio, a fauna é moi diversa. En terra abundan porcos domésticos en estado salvaxe, ratas, lagartas, cangrexos e insectos. Está deshabitada.
Historia
editarAtópanse antigas ruínas polinesias. Foi descuberta, en 1823, polo capitán Emment do baleeiro inglés Sydney Packet e chamouna Sydney Island. Reclamada polos intereses norteamericanos sobre o guano, parece que non chegou a ser explotada. Foi declarada unha reserva natural de aves en 1938, e unha reserva natural de vida salvaxe en 1975.
Galería de imaxes
editar-
Lagoa interior de Manra
-
Localización de Manra
-
Illa Manra, imaxe cortesía do Image Science and Analysis Laboratory, Johnson Space Center