José Luis Cuerda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947 e finado en Madrid o 4 de febreiro de 2020, foi un director, guionista e produtor de cine español.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Cuerda Martínez 18 de febreiro de 1947 Albacete, España |
Morte | 4 de febreiro de 2020 (72 anos) Madrid, España |
Causa da morte | embolia arterial |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, escritor, produtor de cinema, guionista, actor |
Período de actividade | 1982 - |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
Traxectoria
editarComezou a estudar Dereito, pero deixouno despois de tres anos, converténdose en técnico de radiodifusión e televisión. En 1969 entrou a traballar en Televisión Española, realizando en cinco anos máis de 500 reportaxes e documentais para os servizos informativos. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca.
Despois de diversas curtametraxes, en 1982 dirixiu a súa primeira longametraxe, Pares y nones, que o situou no ámbito dos directores que cultivan a chamada "comedia madrileña" (Fernando Colomo é outro dos seus máis importantes representantes).
A súa seguinte película, El bosque animado, (1987) inaugurou na súa carreira unha nova etapa caracterizada por un humor surrealista. Un ano despois apareceu o traballo que o consagrou como realizador, no que obtivo un grande éxito por parte do público: Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completouse unha especie de triloxía co humor absurdo como elemento común.
Con A lingua das bolboretas (1999) presentou unha visión tenra e ó mesmo tempo descarnada da guerra civil española desde a relación dun neno co seu mestre.
Tamén destacou no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres longametraxes do director español Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e The Others); ademais de ser o guionista da maioría das súas producións detrás das cámaras.
Filmografía
editarPelículas
editar- Pares y nones (1982).
- Total (1983, película para TV).
- Mala racha (1985, película para TV).
- El bosque animado (1987; adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez).
- Amanece, que no es poco (1988).
- La viuda del Capitán Estrada (1991).
- Tocando fondo (1993).
- Así en el cielo como en la tierra (1995).
- A lingua das bolboretas (1999; baseada en relatos de Manuel Rivas),
- Primer amor (2000).
- ¡Hay motivo! (curtametraxe: "Por el mar corre la liebre"; 2004).
- La educación de las hadas (2006).
- Os xirasoles cegos (2008; baseada na novela homónima de Alberto Méndez).
- Todo é silencio (2012; baseada na novela homónima de Manuel Rivas).
- Tiempo después (2018; adaptación da novela homónima do propio Cuerda)
Obras publicadas
editar- Amanece, que no es poco, Pepitas de calabaza, Logroño, 2013. ISBN 978-84-15862-08-6
- Si amaestras una cabra llevas mucho adelantado, Martínez Roca, 2013. ISBN 978-84-27039-83-4
- Tiempo después, Pepitas de calabaza, Logroño, 2015. ISBN 978-84-15862-35-2
Recoñecementos
editar- Candidato ao premio Goya ao mellor director: A lingua das bolboretas (1999)
- Premio Ondas: A lingua das bolboretas (1999)
- Premio Feroz de Honor á traxectoria profesional (2019)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Luis Cuerda |