Lexión Española
Lexión Española (en castelán: Legión Española) é unha unidade do Exército de Terra de España.
Lexión Española | |
---|---|
Tipo | unidade militar, tropas de elite, major military unit, exército voluntario e ramo militar |
Data de fundación | 20 de setembro de 1920 |
Fundador(es) | José Millán-Astray |
Organización matriz | Exército de Terra de España |
Premios | Legion memorial |
Sede | Viator, Ronda, Ceuta e Melilla |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orixe
editarFundada en 1920 por José Millán-Astray, foi creada orixinalmente como un terzo estranxeiro similar á Lexión Estranxeira Francesa. Despois de participar na guerra do Rif e na folga xeral revolucionaria de 1934 en Asturias, púxose do lado do bando sublevado rebelde durante a guerra civil española.
Polémica polo seu vínculo co franquismo
editarEn 2021 o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida restituíu o nome dunha rúa ao fundador da Lexión, que fora retirada para cumprir coa Lei de memoria histórica, feito amplamente criticado[1][2]. O argumento da sentenza que obrigou a restaurar o nome foi que a Lexión tamén tivo períodos democráticos e que o seu fundador non participara na guerra civil.[3]
Formación
editarA Lexión está formada por catro terzos: "Gran Capitán" (1º), "Duque de Alba" (2º), "Don Juan de Austria" (3º) e "Alejandro Farnesio" (4º).
Notas
editar- ↑ Castrillo, Álvaro Sánchez (2021-08-26). "Una docena de calles honran aún a Millán Astray a pesar de su papel “fundamental” en el bando golpista". infoLibre (en castelán). Consultado o 2022-04-29.
- ↑ León, Pablo Sánchez. "El caso Millán Astray: el juez, el historiador y el fin de un mundo". ctxt.es (en castelán). Consultado o 2022-04-29.
- ↑ Riaño, Peio H. (2021-05-13). "Historiadores, contra la sentencia que mantiene una calle para Millán Astray: "¡Claro que participó en la Guerra Civil!"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-04-29.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lexión Española |