Lingua wu
A lingua wu (caracteres chineses: 吳語 , nguphin: ngu niu) é un grupo de variedades lingüísticas semellantes e historicamente relacionadas da lingua chinesa, principalmente falada na provincia de Zhejiang, na cidade de Shanghai, e na provincia de Jiangsu.[2][3][4]
Wu 吳語/吴语 Hhu22 nyy44' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ||
Falado en: | República Popular da China | |
Rexións: | China do Leste (Shanghai, Zhejiang, sur de Jiangsu, partes das provincias de Anhui e Jiangxi) | |
Total de falantes: | 79,5 millóns (2007) | |
Posición: | 13 | |
Familia: | Sino-tibetana Sinítica Chinés Wu | |
Escrita: | Escrita chinesa | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | China | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wuu
| |
Mapa | ||
Status | ||
Os principais dialectos do wu son o dialecto de Shanghai, o de Suzhou, o de Wuxi, o de Wenzhou, o de Ningbo, o de Hangzhou, o de Shaoxing, o de Jinhua e o de Yongkang. Falantes de lingu wu, como Chiang Kai-shek, Lu Xun e Cai Yuanpei, ocuparon posicións de grande importancia nas modernas cultura e política chinesa. O wu tamén foi usado na Ópera de Shaoxing, que é a segunda máis popular despois da Ópera de Pequín, alén das actuacións do popular comediante Zhou Libo. O wu é falado en gran número de comunidades da diáspora chinesa, con importantes centros de inmigración orixinarios de Qingtian e Wenzhou.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Greentranslations.com (ed.). "Wu Language". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 22 de abril de 2013.
- ↑ Nils Göran David Malmqvist (2010). Rowman & Littlefield, ed. Bernhard Karlgren: portrait of a scholar. p. 302. ISBN 1-61146-000-X. Consultado o 10 de marzo de 2012.
- ↑ N. G. D. Malmqvist (2010). Rowman & Littlefield, ed. Bernhard Karlgren: Portrait of a Scholar. ISBN 1-61146-001-8. Consultado o 10 de marzo de 2012.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua wu |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua wu |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Recursos da lingua wu
- glossika.com
- Dicionario wu
- Clasificación dos dialecos wu – por James Campbell
- Tons nos dialectos wu – Compilados por James Campbell
- Foro lingüístico do chinés wu