[go: nahoru, domu]

Os macronutrientes[1] son os nutrientes necesarios en grandes cantidades para que o organismo leve a cabo as súas funcións vitais. Á súa vez divídense en dous grupos: elementos primarios, principais ou maiores (nitróxeno, fósforo e potasio) e elementos secundarios ou menores (calcio, magnesio e xofre).

Na nutrición vexetal os elementos nutritivos primarios xeralmente son os que primeiro expresan a súa baixa concentración no solo polos seus altos niveis de extracción por parte das plantas, mentres que os secundarios son requiridos en pequenas cantidades e a súa deficiencia non é tan evidente pero si moi importante.

Un factor decisivo que afecta á dispoñibilidade de nutrientes é o pH.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "macronutriente". TERGAL. Consultado o 20/05/2019.