[go: nahoru, domu]

A media harmónica , representada por H, dunha cantidade finita de números é igual ao recíproco, ou inverso, da media aritmética dos recíprocos de ditos números.

Construción xeométrica para atopar as medias aritmética (A), cadrática (Q), xeométrica (G) e harmónica (H) de dous números a e b.

Así, dados os números a1,a2, ... , an, a media harmónica será igual a:

A media harmónica resulta pouco influída pola existencia de determinados valores moito máis grandes que o conxunto dos outros, sendo en cambio sensible a valores moito máis pequenos que o conxunto.

A media harmónica non está definida no caso da existencia no conxunto de valores nulos.

Outras medias estatísticas son a media xeométrica, a media aritmética e a media ponderada.