Microaerófilo
Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2) ; a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir.[1][2] Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).[3]
Cultivo
editarOs microaerófilos poden ser cultivados en recipientes con candeas. Estes recipientes conteñen unha candea que se encende antes de selar hermeticamente a súa tapa. O lume da candea arde ata que se apaga ao consumirse o oxíxeno que contiña o recipiente, creando unha atmosfera rica en dióxido de carbono pero pobre en oxíxeno.[4] Outros métodos de crear un ambiente microanaerobio son o uso dun xerador de gas e o intercambio de gases.[3]
Exemplos
editar- Campylobacter spp. son microaerófilas.[3][5]
- Helicobacter pylori, unha especie de proteobacteria que está asociada coas úlceras pépticas e algúns tipos de gastrite.[6]
Notas
editar- ↑ Hogg, S. (2005). Essential Microbiology (1st ed.). Wiley. pp. 91–107. ISBN 0-471-49754-1.
- ↑ Prescott LM, Harley JP, Klein DA (1996). Microbiology (3rd ed.). Wm. C. Brown Publishers. pp. 130–131. ISBN 0-697-29390-4.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Brooks GF, Carroll KC, Butel JS, Morse SA (2007). Jawetz, Melnick & Adelberg's Medical Microbiology (24th ed.). McGraw Hill. pp. 273–275. ISBN 0-07-128735-3.
- ↑ Salim SM, Mandal J, Parija SC (marzo de 2014). "Isolation of Campylobacter from human stool samples". Indian J Med Microbiol 32 (1): 35–38. PMID 24399385. doi:10.4103/0255-0857.124294.
- ↑ Fernie DS, Park RW (agosto de 1977). "The isolation and nature of campylobacters (microaerophilic vibrios) from laboratory and wild rodents". J. Med. Microbiol. 10 (3): 325–9. PMID 330861. doi:10.1099/00222615-10-3-325.
- ↑ Cover TL (2012). "Perspectives on methodology for in vitro culture of Helicobacter pylori". Methods Mol Biol 921: 11–15. PMC 3921885. PMID 23015486. doi:10.1007/978-1-62703-005-2_3.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Respiración aerobia
- Respiración anaerobia
- Anaerobio facultativo
- Fermentación
- Aerobio obrigado
- Anaerobio obrigado
- Nanoaerobio
Ligazóns externas
editar
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |