Mitilinos
Mitilinos Mytilinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As dúas valvas de Mytilus galloprovincialis. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Mytilus edulis Linnaeus, 1758 [1] | |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A dos mitilinos (Mytilinae) é unha subfamilia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos e familia dos mitílidos.[2]
A subfamilia abrangue varios xéneros que comprenden especies vulgarmente coñecidas como mexillóns.[3]
Taxonomía
editarDescrición
editarA subfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, interesado, entre outros numerosos temas, pola zooloxía, en especial pola malacoloxía, na súa obra Analyse de la Nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.
Etimoloxía
editarO nome científico Mytilinae está formado sobre a base da raíz Mytil- do seu xénero tipo, Mytilus, engadíndolle o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
(Para a etimiloxía de Mytilus, véxase Mytilus).
Sinónimos
editarAdemais de polo nome que lle impuxo Rafinesque (protónimo), e que é o actualmente válido, a sufmailia coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Brachidontinae
- Crenomytilinae
- Perninae
- Xenomytilinae
Xéneros
editarNa actualidade (2020) recoñécense na subfamilia od seguintes xéneros:[2]
- Aulacomya Mörch, 1853
- Choromytilus Soot-Ryen, 1952
- Crenomytilus Soot-Ryen, 1955
- Ischadium Jukes-Browne, 1905
- Mytilus Linnaeus, 1758
- Perna Philipsson, 1788
- Semimytilus Soot-Ryen, 1955
Notas
editar- ↑ Mytilus edulis Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 4 de xaneiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Mytilinae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultada o 4 de xaneiro de 2020.
- ↑ mexillón no Dicionario da RAG.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Mitilinos |
Bibliografía
editar- Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
- Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115.
- Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.