GNK Dinamo Zagreb
O NK Dinamo Zagreb (en croata: Građanski Nogometni Klub Dinamo Zagreb) é un club de fútbol da cidade de Zagreb, Croacia. Fundouse en 1945 e mantén unha gran rivalidade co Hajduk Split, co cal disputa o Derbi Eterno de Croacia.
Dinamo Zagreb | |||
---|---|---|---|
Nome | Građanski nogometni klub Dinamo Zagreb | ||
Fundación | 9 de xuño de 1945 | ||
Estadio | Maksimir | ||
Inauguración | 5 de maio de 1912 | ||
Capacidade | 38.923 | ||
Presidente | Mirko Barisic | ||
Adestrador | ? | ||
Liga | Prva HNL | ||
2022–23 | 1º | ||
Na rede | |||
http://gnkdinamo.hr/ | |||
| |||
Trátase do actual campión da Prva HNL, Primeira División de Croacia.
Historia
editarDespois da segunda guerra mundial, os tres equipos de fútbol de Zagreb (HAŠK, Građanski e Concordia) foron desmantelados e creouse un novo equipo a partir deses clubs, que chamouse Dinamo, o 9 de xuño de 1945. O novo equipo nutriuse principalmente de xogadores do Građanski (dirixidos polo seu anterior adestrador, Marton Bukovie) e comezou a xogar no antigo estadio do HAŠK. Posteriormente o equipo tomou as cores do Građanski e, desde 1969, un escudo similar ao dese antigo club.
Durante a época na que o equipo permaneceu na República Federal Socialista de Iugoslavia, o Dinamo Zagreb logrou catro Ligas de Iugoslavia (1948, 1952, 1958 e 1982), sete Copas de Iugoslavia (1951, 1960, 1963, 1965, 1969, 1980 e 1983), a Copa de Feiras 1966-67 e a Copa dos Balcáns de 1977.
Tras a independencia de Croacia en 1991, o equipo cambiou a súa denominación e pasou a chamarse HAŠK-Građanski, para en 1993 cambiar de novo o seu nome ao de Croacia Zagreb. O cambio de nome trataba de renegar de Iugoslavia, pero non contou co apoio dos seus seareiros, que continuaban chamando ao equipo Dinamo e vían o cambio como unha traizón á historia do club. Finalmente, no ano 2000 o club recuperou o nome NK Dinamo Zagreb.
Co nacemento da Prva HNL mantén unha rivalidade co Hajduk Split polo dominio dos campionatos nacionais. O club logrou 10 campionatos de Liga, 9 copas e 8 supercopas desde entón.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Maksimir.
O NK Dinamo Zagreb xoga de local no estadio Maksimir, inaugurado en 1912 e con capacidade para 40.000 espectadores.